21.5.18

DÍA DA FAMILIA ( 4º EI)

O martes 15 de maio, Día da Familia, fixemos unha actividade para traballar os estereotipos sexistas. Para iso, coa axuda das familias, pegamos nun mural fotografías de distintas persoas da familia facendo actividades que , en principio, os nenos e nenas de clase dicían que non facían: mamás e avoas percebeiras, xogando ó fútbol, collendo pesas, utilizando ferramentas...e papás e avós cambiando pañais ou dando o biberón, cociñando, arreglando a roupa, usando chilabas...
Aínda que son pequenos para entender moitas cousas, si descubriron que homes e mulleres podemos facer as mesmas cousas, aínda que no día a día non as realicemos!!

Tamén fixemos un agasallo para as familias, a pisada da nosa man en arxila branca, que unha vez secaron,  pintamos.
Para ver as fotos premer na seguinte dirección:


https://photos.app.goo.gl/pXwLuCWalhx0V07Q2

No hay comentarios:

Publicar un comentario