22.3.24

4ºEI- PDI: O NOSO CORPO

 O Proxecto Documental Integrado (PDI)  deste ano do noso centro escolar é " Medicus curat, natura sanat". Así que estes cativiños de 3 anos traballaron estos dous primeiros trimestres o noso corpo, tanto por dentro como por fóra.

O terceiro trimestre traballaremos o seu coidado e as profesións máis significativas que nos axudan a curalo.

Queredes ver todo o que aprenderon estes meses e todos os xogos que fixemos? Preme na imaxe!



21.3.24

4ºEI- O NOSO NOME

Estes cativiños comezan a coñecer as letras a través do seu nome. Non hai nada máis significativo que iso! 

Podemos ver o noso nome e o dos nosos compañerios/as en moitos recunchos da aula. Sempre vemos quen vai a ser o encargado, quen veu o cole e os que quedaron na casa... 

Ademais de todo iso, traballamos o nome de moitas maneiras diferentes: Atopando as letras que temos e colocándo o nome asociándolo coas letras de lixa, repasándoo con rotulador, poñendo pinzas de letras no noso nome, facendo un chaveiro con sellos...

Agora cada día teñen máis e máis curiosidade polas letras e nomes dos seus amigos e amigas, así que isto é o comezo de todo.




Preme na imaxe para acceder á galería



20.3.24

4ºEI- O NOSO PRIMEIRO INVERNO NO COLE.

 Este inverno foi o primeiro no cole e... como puido chover tanto e facer tanto frio? 

Arredor desta estación traballamos un montón de cousas: números, puzle, motricidade fina, coidado do corpo, vogais, características desta estación,... 

Podedes ver, premendo na imaxe, algunhas das actividades centradas nesta fria estación.






8.3.24

6ºEI_Entrevista fantástica: Laura Vilanova

Presentamos o vídeo-entrevista fantástica a Laura Vilanova Gantes, amiga pediatra.

A vindeira semana presentarémolo na biblio co gallo da Semana da Muller 2024, esperemos que vos guste.

E aquí vos deixamos o podcast que gravamos en Radio Balea:

Feliz Día da Muller!

5ºEI_Entrevista fantástica: Isabel Barreto

Celebramos o Día da Muller cunha entrevista fantástica á primeira Muller almiranta do mar: Isabel Barreto.

As nenas dan voz a Isabel e os nenos fan de entrevistadores, un vídeo que presentaremos a vindeira semana na nosa biblio: Semana da Muller 2024.

Aquí vos deixamos o podcast gravado en Radio Balea:

Feliz Día da Muller!

4ºEI- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: MARIE CURIE.

Hoxe, día 8 de marzo, festexamos o día internacional da muller. Este ano 2024 todo o centro realizou na radio "Entrevistas fantásticas".

Nos eliximos a Marie Curie. Nesta entrevista temos dúas respostas fantásticas, polo tanto non son verdade. Seredes capades de atopalas? Para iso temos que estar moi atentos/as ao podcast!

No sitio de Radio Balea podedes escoitar ás entrevistas que realizaron os demáis compañeiros/as a ver si tamén atopades as respostas fantásticas. 

 

Aquí vos deixamos o podcast gravado entre todas e todos:

5.3.24

4ºEI- ANIVERSARIOS MARZO... TAMÉN LECTORES !

Neste mes de marzo celebramos o aniversario de Vega. Neste caso elixiu tanto unha tarta de mazá como o conto "O coelliño branco". 
Moitas grazas a familia de Vega por facer posible este momento.

Parabéns Vega! 🎉




Preme na imaxe para acceder á galería