23.3.18

SERIE ASCENDENTE E DESCENDENTE (5º E.I.)

Hoxe estivemos practicando a serie numérica do 1 ao 10, en sentido ascendente e descendente. E, para, facelo máis práctico, fomos as escaleiras para que viran de forma gráfica que cando facemos a serie ascendente do 1 ao10, subimos, xa que vamos do número pequeno ao grande. E, cando, facemos a serie descendente do 10 ao 1, baixamos, xa que vamos do número grande ao pequeno.
Foi moi divertido velo dunha forma tan clara e real.



HORA DE LER (5º E.I.)

Hoxe Ángela e Claudia, de 3º de E.P., contáronnos o conto "Carabuñas".



MURAL O FONDO DO MAR (6º E.I.)

Con todos os materiais que empregamos durante este proxecto e todo o que aprendimos fixemos este estupendo mural sobre o fondo do mar, podedes ver todas as fotos do proceso premendo no seguinte enlace: mural.


22.3.18

BÚSQUEDA DO TESOURO (6º E.I.)

Que sorpresa cando recibimos hoxe un mensaxe nunha botella da nosa amiga Rosa, a buceadora. Deunos as grazas por toda a axuda recibida e quíxonos recompensar cun pequeno agasallo pero en forma de xogo, de búsqueda do tesouro. Primeiro deixounos unha pista na nosa propia aula, tivemos que ir a cociña, a biblioteca, a xunto do camello e incluso o patio. Neste último foi moi complicado porque unha das pistas estaba nunha árbore e non chegábamos, polo que tivemos que pensar como collela, ao final lanzámoslle unha pelota varias veces ata que caeu. Finalmente o tesouro estaba na aula de psicomotricidade e era un cofre cheo de cousas. Estivemos pensando se serían cousas boas ou malas e o final metimos a man sen mirar porque nunha carta de Rosa decía que eran ovos de tiburón de chocolate e corais de cores. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: tesouro.






ESTADOS DA AUGA (5º E.I.)

Esta semana levamos a cabo o experimento dos estados da auga. Empregamos como fío conductor as visitas en Arxentina ao glaciar Perito Moreno e ás cataratas de Iguazú. Trouxen a clase cubos de xeo, os cales observamos e tocamos, e os deixamos nun escurridor para ir vendo como se derretían. Cando chegamos o día seguinte non había xeo, era todo auga. De xeito, que primeiro coñecimos os estados sólido da auga e logo o líquido. E, para ver o estado gaseoso, fomos á cociña  botar a auga nun medidor e logo quentámola, para ver o vapor de auga. Tamén aprendemos que despois de ferver a auga, a cantidade que tiñamos, era menor.
Ao final, aprendimos, que o Perito Moreno está conxelado, polo que é auga en estado sólido, que as cataratas de Iguazú é auga en estado líquido, e, que o mar no que podemos facer surf, tamén é auga líquida. E cando temos nubes ou neboa, é auga en estado gaseoso.


HORA DE LER (5º E.I.)

O mércores viñeron Saray, Denise e Sara, de 3º de primaria, a lernos e representarnos o conto dos Bolechas "Roscón con pelos".



21.3.18

Visita do Plan Proxecta: O sabor da aventura está no mar

O martes recibimos a visita duns expertos no mundo mariño. Contáronnos a importancia de consumir peixe e dos superpoderes que nos darán, os tipos de pesca, sobre a acuicultura, tipos de mariscos... Regaláronnos un conto e unha gorra!!!




https://photos.app.goo.gl/OpBsBYdbOt3VkC3e2

Recuncho mariño: un ovo de peixe raia

O luns, Dania apareceu en clase cunha caixa misteriosa, cando a abrimos descubrimos dentro un Ovo de Peixe Raia. Mirámolo, tocámolo, pensamos sobre o seu tacto, e fixemos a pregunta... que haberá dentro? Así que utilizamos o retroproxector para velo, vimos que era todo negro, con partes translúcidas, e había unha raia que parecía a coliña do peixe. Mentres explorábamos o ovo, descubrimos que na parede estaba a súa forma, así que comezamos a xogar coas sombras dos mexillóns, dos dedos, das mans...


https://photos.app.goo.gl/zQ2X1POe7Btl1Dyz2

MÉTODO CIENTÍFICO: A FLOTACIÓN ( 4º EI )



A semana pasada iniciámonos no método científico. Comezamos plantexando unha hipótese: que pasará se metemos os barquiños de plastilina e noces que trouxo Juan en auga? Ante diversas respostas, decidimos comprobalo. Os barcos afundiron, así que metemos un barquiño de plástico, que pasará? Flota. Chegamos á conclusión de que os barquiños de Juan afundiron por que eran pequenos e o barco de plástico non por ser máis grande. Comprobamos a nosa teoría con bolas de pastilina e uns bonecos de animais mariños de Saúl. Despois de probar, falar, plantexar hipóteses e comprobalas, chegamos á conclusión de que as cousas grandes flotan e as pequenas non.



Posto que esta teoría é o resultado da nosa experiencia, non saben que non é certa, polo tanto continuaremos facendo experiencias que nos leven a entender, dentro das nosas posibilidades, o fenómeno da FLOTACIÓN!!



20.3.18

FIN DO PROXECTO NO FONDO DO MAR (6º E.I.)

Rematamos este trimestre e con el o proxecto sobre o fondo do mar. Foron moitas cousas as que aprendimos e como actividade final fixemos un xogo co escornabot para repasar se os animais da plantilla eran mamíferos, peixes, crustáceos ou moluscos. Tamén no noso panel de palabras segredas tíñamos cada un animal mariño diferente e os estivemos clasificando. Por último, fixemos a portada do noso proxecto, para elo pegamos area, pintamos un peixe de cores, puxemos os tentáculos a medusa... Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: fondo do mar.





19.3.18

COLARES DE MEXILLÓN ( 4º EI )

A semana pasada fixemos uns colares de mexillóns, utilizando as cunchas dos mexillóns que precisamos para facer as brochetas de mexillóns, gambas e tomates do aniversario de Juan.






           

16.3.18

CABALIÑO DE MAR (6º E.I.)

Un dos últimos animais que vimos dentro do noso proxecto foi o cabaliño de mar. Primeiro estivemos vendo un conto que se chamaba "Don caballito de mar", onde nos contaba unha das súas peculiaridades e é co cabaliño do mar coida dos ovos ata que nacen, tamén fala doutros peixes que son os machos os que incuban os ovos. Este é o conto:




Despois fixemos unha ficha onde colocábamos os ovos a cada peixe, por exemplo a tilapia na boca, o peixe kurtus na cabeza... Tamén observamos un cabaliño de mar disecado podendo apreciar así moito mellor todas as súas características. E, por último, fixemos o noso propio cabaliño de mar. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: cabaliño de mar.





15.3.18

ANIVERSARIO DE MARCO D. (5º E.I.)


LECTURAS PEQUECHAS XI (5º E.I.)

O luns viñeron Nagore e Alejando, de 2º de E.P., a lernos o conto "Mago Rosa".





AGASALLO DA SEREA LEO ( 4º EI )

A serea Leo, mascota da nosa bibliteca escolar, deixounos esta semana un agasallo: Unha estrela de mar, como agradecemento pola nosa investigación de animais mariños. Descubrímola pouco antes de rematar a xornada, cando un neno deuse conto que o cofre do tesouro da clase estaba pechado, cando sempre está aberto!!!! Mirámola, tocámola, e puxémola no espello, xa que é pegaxosa, encantounos ver como se deslizaba!!!




Os nosos nomes : mar e robótica ( 4º EI )

Seguimos traballando as iniciais dos nosos nomes e o resto das letras, asociándoas con animais mariños. Neste xogo robótico, tiñamos que levar o animal mariño que nos tocou, buscar o nome do neno ou nena da clase cuxa inicial é a mesma que o animal, e levar ó escornabot ata o nome. Encántalles, e traballamos moitos contidos ó mesmo tempo!!

Para ver as fotos, premer no enlace.


https://photos.app.goo.gl/yvTokypw0gPALZRY2

Lecturas pequechas ( 4º EI )

O luns recibimos a visita de dous lectores de 2º de Primaria: David e Alma, que contaron o conto de
 " Adivina cuanto te quiero". Gracias por vir á nosa clase a compartir contos cada luns!!!!




RECUNCHO MARIÑO ( 4º EI )

Esta semana, Saúl, trouxo uns bonecos de animais mariños: unha balea, unha orca, unha estrela de mar e un cangrexo ermitaño, este último encantounos, xa que se lle damos a volta parece unha cenoria!!! Descubrimos que teñen uns buratiños e que Saúl xoga con eles na auga, así que utilizaremos estes bonecos e outros do noso recuncho mariño, para plantexar hipóteses e comprobalas na auga!!! Gracias Saúl.




12.3.18

CUMPREANOS NATALIA (6º E.I.)

Hoxe celebramos o cumple de Natalia que xa cumpliu os 6 anos, o seu irmán Breogán que está en 4º de E.P., quixo unirse aos nosos cumpreanos literarios e contounos o conto de "¡No eres tan temible, Tim"!. Moitas gracias Breogán pola túa lectura.




10.3.18

AUSTRALIA (5º E.I.)

Continuamos coa nosa viaxe, nesta ocasión visitamos Australia, onde se celebrou o primeiro campeonato mundial do surf no ano 1964. Iniciamos a viaxe dende Perú ata Australia e o chegar observamos que este país é unha illa moi grande. E, logo, visitamos a capital do país Canberra, e despois fomos a Sidney, xa que preto desta cidade, concretamente en Bondi Beach, celebrouse o primeiro campeonato mundial de surf. Tamén fomos a un parque nacional a ver se tiñamos sorte e podíamos ver canguros e koalas, pero non o conseguimos, así que os vimos en fotos que atopamos na internet.



Déixovos un par de enlaces para que visitedes Sidney e Bondi Beach:

CANBERRA

SIDNEY 1

SIDNEY 2

BONDI BEACH

HORA DE LER (5º E.I.)

O mércores visitáronnos catro nenas de 3º de primaria para contarnos o conto dos Bolechas "O Robertiño". Non só nos contaron o conto, tamén representáronno, gustounos moito.





7.3.18

MESA DE LUZ ( 4º EI )

Utilizamos a mesa de luz como un recurso máis na hora de xogo para traballar o trazo de liñas curvas. Neste caso facemos oliñas sobre a mesa luz cuberta con lentellas.



https://photos.app.goo.gl/9sp19ptLwZfFwgbh1

AS NOSAS INICIAIS ( 4º EI )

Este trimestre traballamos a inicial do noso nome, para iso comezamos a aprender a canción do abecedario, xogamos a intentar escribir o noso nome, xuntamos na asamblea as letras do nome da persoa encargada, identificamos as nosas iniciais asociándoas a obxectos, animais, comidas...
Posto que estamos traballando o Proxecto do Mar, descubrimos un novo espazo de xogo, no que podemos asociar a inicial do noso nome a un elemento mariño:

Antía: Anémona
Leo: Langosta
Santiago e Saúl: Sepia
Breixo e Benito: Balea
Clara: Cangreixo
Juan: Jurel
Valentina: Vieira
Dania: Dourada
Gabriel: Golfiño
Noa: Nautilus
Marcelo: Medusa