31.12.18

Aniversario de Anna ( 5º EI )

Antes das vacacións do Nadal celebramos o último aniversario do trimestre, o de ANNA. Agora tod@s teñen xa 4 anos!!!!

Tras escoller a receita días previos, fomos á cociña para facer un bizcoito de chocolate coa forma de copo de neve. Lavamos as mans, collemos os ingredientes, batemos ovos, contamos e medimos a cantidade de azucre , fariña, aceite e chocolate que precisamos, quentamos o forno e utilizamos a amasadora para que todo quedara ben mesturado. Mentres o bizcoito estaba no forno, recollimos e metimos os cacharros no lavavaixelas, e aproveitamos para darlle bicos e apretas a Anna, despois en clase, a nosa cumpleañeira soplou as velas, probamos o bizcoito , e rematamos coma sempre bailando!!!

Moitas felicidades Anna!!!



11.12.18

PROXECTO CHINA ( 5º EI )



Este é un dos vídeos que máis nos gustan sobre o Proxecto de China!!!

RECEITA DO NADAL ( 5º EI )

O sábado é o cumple de Anna e, como sempre, imos facer unha receita, pero tendo en conta que o Nadal está próximo, propúxenlle ós peques cociñar algo propio destas datas, polo tanto visitamos a cociña para revisar os libros de receitas e atopar algo do Nadal para cociñar na celebración do aniversario de Anna.

Antes de ir á cociña pensamos que cousas son típicas destas datas, e apuntámolas na pizarra. Na cociña atopamos cousas moi interesantes, entre elas, unha receita china, o Wan tun, pero entre tanto buscar descubrimos na cociña moldes de galletas e biscoitos con diversas formas: cabaliño de xoguete, galletas do nadal, bastóns, Papá Noel... os moldes gustáronnos tanto que fixemos unha votación entre o molde de biscoito de copo de neve ou a receita dunha árbore con lacasitos, o resultado foi aplastante 13:0, polo que faremos o biscoito con forma de copo.


Fotos da receita do Nadal

RECUNCHO DE CHINA ( 5º EI )

O noso recuncho de China segue enchéndose de materiais moi interesantes. Onte Noa trouxo unha bolsa, que xa de por si, deu tema de conversa, e dentro dela un montón de materiais: un mapa dunha cidade China, unha guía turística, paos, un billete de 100 yuan, un traxe típico e unhas tarxetas coas traduccións de frases e palabras básicas, e Dania colaborou traendo un debuxo dun neno e unha nena china ( fixámonos na forma dos ollos) e un debuxo dunha pagoda. Moitísimas gracias por compartir tantas cousas!!!





ANIVERSARIO ANTÍA ( 5º EI )

A semana pasada foi o aniversario de Antía, así que aproveitamos para cociñar os fideos que nos quedaban, e posto que descubrimos que en China comen moito pescado, fixemos fideos con gambóns e palitos de cangreixo. Tivemos que cocer e pelar os gambóns, cortar os paliños e xuntar todo cos fideos, mentres acababa de facerse , vaciamos e volvemos a encher o lavavaixelas e limpamos as mesas. Despois soplamos as velas , cantamos cumpleanos feliz, e probamos a nosa receita, por suposto tamén lle dimos moreas de bicos e apretas.
Antía xa ten 4 anos, moitas felicidades!!!!!!!!



FOTOS ANIVERSARIO ANTIA

7.12.18

VISITA Ó MELGA

O nadal xa está próximo, época de moitos regalos, así que o ciclo de infantil visitamos o Melga,  para ver outros xoguetes que non saen nas revistas. Alí Ricardo ensinounos un montón de xogos e xoguetes antigos, moitos deles feitos con materiais naturais, e aínda que o tempo non acompañou para saír a fóra a xogar, pasámalo en grande!!!!!!!


FOTOS:  VISITA Ó MELGA