30.4.20

FAMILIAS

Bo día famillias.


As mestras queremos darvos todo o noso apoio, entendemos que todos vivimos unha situación extresante e incerta, e que cada familia pasa por situacións diversas. Neste tempo de confinamento é normal que os peques podan estar máis sensibles, que choren con máis facilidade, ou que estean máis irritables e irascibles, que non sexan capaces de concentrarse en nada, máis nerviosos e alterados, que queran facer varias cousas ó mesmo tempo ou que non lles motive nada, e soamente queran estar deitados no sofá vendo a televisión.

Os nenos e nenas de infantil non teñen suficientes ferramentas emocionais para saber autoxestionarse e entender como un adulto o que está pasando, tampouco teñen adquirida a noción de tempo coma nós, polo que este tempo de corentena ten que ser para eles unha eternidade.

Sabemos que é duro, pero respirade e intentade manter a calma, as nosas emocións contáxianse e se estamos tranquilos é máis doado axudar a que eles tamén o estean. Hai unha frase que nos gusta moito: " O dificil de educar a un neno/a non é controlar a súa conducta, e regular a nosa propia"


Ante esta situación, imos dar varias proposta. Como sabedes, en infantil traballamos por proxectos, pero non deixa de ser unha pequena parte de todo o que facemos, así que recomendamos que sigades realizando outras actividades que son entretidas e motivadoras para seguir aprendendo, dentro da situación persoal e familiar que estades vivindo. Damos algúns exemplos para facer con ou en vez do proxecto de arte:


CONTOS: ler e contar contos, crear historias, inventar finais de contos coñecidos...non sempre ten que haber un resultado final, pódese facer de forma oral, ou plasmalo .cun debuxo, creando un libro... Con este tipo de actividades favorecemos a expresión oral,a imaxinación, a ampliación de vocabulario, animación á lectura..

XOGOS DE MESA: xogando ó parchis, á oca, ó dominó, ó quién es quién, xogos de dados...seguimos traballando a lóxica matemática, o conteo, as cantidades, o razoamento...


MÚSICA:  a música ten un grande poder para influir nas emocións, bailar, crear coreografías, poñer música para cambiar o estado de ánimo... grazas a música podemos mellorar a concentración, a expresión corporal e a coordinación de movementos, a memoria...

ACTIVIDADE FÍSICA: en casa podemos, ademais de bailar, facer yoga para volver á calma, circuítos para manter o equilibrio, para subir, baixar, correr, saltar, reptar, xogar a imitar movementos, parar como estatuas cando pare a música... con estos exercicios mantemos unha boa saúde corporal e psicolóxica,aprenden a regular o exceso de enerxía canalizando os impulsos, toman conciencia do seu corpo, mellora a autoestima...


COCIÑA: cociñar supón para os/as peques unha actividade divertida, na que traballan a forza nas mans, a psicomotricidade fina, a lectroescritura ó ler ou escribir a receita, aprenden as cantidades e ademais é moi gratificante pois crean un produto final.



MOITO ÁNIMO!!












29.4.20

PROXECTO EXPRES-ARTE ( 6º SESIÓN)

O MISTERIO DE KANDINSKY
PROXECTO ARTE 6ºEI from bemilladoiro on Vimeo.







ACTIVIDADE:


Anotamos nunha folla o número de círculos amarelos, azuis, rosas, verdes e vermellos.
Despois ordenamos os números do máis pequeno ó máis grande.
Para rematar, e atopar a palabra misteriosa , buscamos neste cadro a letra que corresponde a cada número.





27.4.20

PROXECTO EXPRES-ARTE ( 5º SESIÓN)

Esta semana presentamos un novo cadro de KANDINSKY:
  " Estudio de color con cuadrados".

Neste cadro, a partir dunha base cadrada, fai varios círculos concéntricos.



ACTIVIDADE 1:

. Buscar e crear composicións con base cadrada e círculos concéntricos con obxectos da vida cotiá.

Exemplos:

Podemos utilizar platos, as baldosas do chan,tortitas, candeas...





ACTIVIDADE 2:

- Facemos unha obra artística distinta ó cadro de Kandinsky, por exemplo unha árbore, e decoramos recortando círculos de diferentes tamaños, cores e texturas.






 PROPOSTA: E SE FACEMOS UNHA RECEITA DE COCIÑA ARTÍSTICA?

Podemos crear un sandwich de base cadrada con queixo e por riba rodaxas de tomate, ovo e aceitunas cortadas... Ou unha pizza cadrada con tomate e calabacín facendo unha montaxe de cadrado-círculo.

Se estades animados/as probade e botádelle imaxinación!!!!!!



24.4.20

PROXECTO EXPRES-ARTE ( 4º SESIÓN)

FACEMOS UN CADRO


INSTRUCIÓNS:


  1.  Creamos un marco ó redor de toda a folla, combinando diferentes trazos: quebrado, espirais, trazos oblicuos, circuliños, triángulos... botádelle imaxinación!

Para os máis pequenos , trazos sinxelos: círculos, ondas," montañitas", serie de raia-punto-raia








   2. Facemos a nosa interpretación do cadro "Improvisación"

. 5 triángulos con ceras/rotus grosos
. 5 triángulos con ceras/rotus delgados
. 5 triángulos grandes
. 5 triángulos medianos
. 5 triángulos pequenos   
. Decoramos os triángulos: pintamos, recheamos con puntiños, con trazos, círculos...   
. Rematamos o cadro engadindo os detalles que queiramos



                                                                                     






23.4.20

DÍA DO LIBRO

Hoxe, xoves 23 de abril, celebraráse o Día Internacional do Libro.

 Neste día dábamos comezo ao noso Mes das Letras. Lembrades o ano pasado cando enchimos Malpica de Libros e carabeis? E outros anos coa actividade de Padriños e madriñas lectores?.... Pois este ano imos tamén celebrar. Doutro xeito, si. Pero imos celebrar! Velaí a nosa proposta:




Imos comezar nós, os profes, agasallándovos un vídeo con fotos nosas nas nosas casas lendo e... facendo outras cousas. Porque queremos que nos vexades e saibades de nós e dicirvos que VOLVEREMOS ABRAZARNOS! E, despois, tocaravos a vós. Fixádevos que as actividades teñen data final.
Animádevos! Temos ganas de vervos! E de ver os vosos traballos que sempre, sempre consiguen sorprendernos.

 As fotos podedes envialas polas canles que xa tendes establecidas con cada profe!!( Poñede en asunto Día do Libro)

 Pensade que, agora, anque non é doado, todos estamos facendo algo moi importante: coidarnos e coidar dos demáis. Así que...

Queda na casa
...lendo!
Agardamos as vosas fotos!



22.4.20

PROXECTO EXPRES-ARTE ( 3º sesión)


O cadro que descubríchedes chámase : IMPROVISACIÓN.


ACTIVIDADE 1: buscar obxectos por casa cuxa inicial comeze por cada unha das letras do nome do cadro.


ACTIVIDADE 2: escribimos o nome do cadro en vertical , e por cada letra escribimos unha palabra.

Por exemplo:

Imaxinar
Marisco
Polo
Radio
Ollo
Vela
Indio
Sol
Aceite
Comer
Iglú
Oído
Navegar


Os nenos/as de 4º de infantil, poden con axuda intentar facer esta actividade, se é moi complicada, en vez de escribir palabras , debuxar obxectos.











21.4.20

PROXECTO: EXPRES-ARTE ( 2º sesión)

Ola chicos e chicas, paseáchedes polo Museo Thyssen???

Dentro das obras expostas alí de Kandinsky, hai unha que non está , e é esta...





AS ACTIVIDADES DE HOXE SERÁN:


1. DESCUBRIR O NOME DESTA OBRA DE KANDINSKY:  Se mirades este capítulo de
 Little Einstein, poderedes descubrilo










       2. BUSCAMOS POR CASA COUSAS CON FORMA TRIANGULAR


       3. PRACTICAMOS A FACER TRIÁNGULOS CONCÉNTRICOS




19.4.20

Carta ás familias. Instrucións terceiro trimestre

Queridas familias:
O pasado venres, ás sete e media da tarde chegou ao correo do centro unha comunicación do noso inspector. Nela, sen outro contido,  achegaba as orientacións provisionais para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso 2019-2020. Premendo enriba del podedes lelo directamente na páxina da xunta de primeira man.

Nas devanditas orientacións non hai nada novo para nós: a avaliación farase continua (tal e como figura na lexislación vixente e nunca foi doutra maneira), a repetición de curso será algo excepcional (xa ten esa consideración na lexislación vixente)…

No final do curso, o profesorado emitirá un informe de cada escolar (exactamente como se viña facendo ata o momento porque así o contempla a lexislación vixente).

Tal e como se indicaba nas anteriores instrucións para o confinamento: as actividades que se propoñan ao alumnado serán de recuperación, repaso e reforzo do traballado presencialmente. As tarefas serán globalizadas, interdisciplinares e integradas…. Ben sabedes que así é como estamos traballando desde o comezo.

Lido o texto quédannos preguntas. Moitas preguntas. Para as que non temos respostas.

Agardamos da nosa Consellería que, en cumprimento das competencias que lle outorga o Estatuto de Autonomía de Galicia, tome as decisións necesarias para guiarnos claramente cara un fin de curso nas mellores condicións posibles.

Lede o documento. Iso é todo. Sabemos o mesmo ca vós.

Xa sabemos que vos gustaría ter certezas e seguridades. Tamén a nós.

Agardamos todos polas indicacións da Sra. Conselleira.

Indicacións que vos achegaremos en canto obren no noso poder.

Mentres tanto: apertas, azos e saúde.
A Dirección.

17.4.20

Que me contas? Contos de Leo

Neste fin de semana retomamos os contos das profes, tendes máis da pestaña da Radio Balea. Como nos outros podedes facer actividades na casa para demostrar que estivéchedes moi atentos. Escribir o nome dos contos, das persoaxes, facer un debuxo, unha manualidade... e despois mandarnos todo o que traballáchedes.





A profe Sandra cóntanos A cebra Camila, esperemos que vos guste!

A profe Marta cóntanos Os seis barbudos, esperemos que vos guste!

INICIO DO TERCEIRO TRIMESTRE

VID_20200417_145528 from bemilladoiro on Vimeo.

PROPOSTA DE LÓXICA MATEMÁTICA




  • Para os máis maiores propoñemos facer sudokus, tedes moitos na rede, ademais hai de formas xeométricas e de debuxos.

Sudokus para niños para imprimir. Juego Sudokus para niños para ...


  • Dúas propostas , para os máis pequenos colocar paíños ou garabanzos en rolos de papel numerados, e para os máis maiores facer o mesmo pero realizando sumas e restas sinxelas, como aparece na segunda foto.




Ordenar y sumar los primeros números con "Samu” - Aprendiendo ...



Aprendemos a sumar con palos de polo - Actividades infantil



  • Xogamos a facer carreiras, pero para avanzar temos que tirar un dado que indicará o número de saltos que temos que dar. Se non dispoñemos de dados podemos ter unha bolsiña individual con carteis de números.

16.4.20

PROPOSTA DE LECTOESCRITURA

- BINGO DE LETRAS

Podedes crear un bingo, que eles/as fagan os carteis ou as táboas escribindo as letras neles e tamén nas"boliñas" ( poden ser trociños de papel, letras imantadas...o que teñades en casa).
Para xogar, o que saca a boliña, pode dicir o nome da letra ou o son da mesma, aínda que todo dependerá do nivel individual.
Para os máis peques, o bingo pode estar composto únicamente por vogais ou letras do seu nome.


-MEMORY

Este é o clásico xogo de cartas que están boca abaixo, e temos que ir destapando unha a unha para atopar as que son iguais. Neste caso podemos facer o noso propio memory debuxando as cartas por un lado coa palabra memory e polo outro con palabras que eles queiran. Para os máis peques podemos adaptar o xogo facendo debuxos que teñen que ser iguais e escribir a inicial pola que comezan, sendo interesante que haxa cousas que comezen pola inicial do seu nome.

15.4.20

Pautas confinamento

Ola familias, compartimos unhas pautas de afrontamento para reducir o impacto psicolóxico do confinamento. Esperemos que vos axuden, ánimo e forza!

PROPOSTA DE GRAFOMOTRICIDADE





  • FACER UNHA ENSALADA DE MANS

    • Esta actividade está recollida no libro La cocina de Dibujos , de Hervé Tullet, é parécenos moi interesante facer trazos de forma divertida e creativa




      • TRAZOS LOCOS
      Facemos unha fila con bloques, pinzas, xoguetes, pegatinas, garabanzos...o que teñamos por casa, e facemos trazos sen tocar os obxectos. Podemos facer o que lle chamamos a muralla china, trazos curvos como ondas do mar, trazos quebrados como se foran montañas, trazos como se fora o salto dun coello por riba ou debaixo dos obxectos...





      • ESTAMPACIÓN CON FROITAS E VERDURAS


      14.4.20

      PROPOSTA DE EXPERIMENTOS


      •  Maxia en auga



      .



      • Maxia: facemos xeo

      Inicio 3º trimestre

      Carta da dirección do CEIP Milladoiro ás familias, redactada o domingo 12 de abril de 2020 e publicada o mesmo día na web do centro.


      Queridas familias: agardamos que todos gocedes de boa saúde. 
      Como ben sabedes, o vindeiro martes 14 de abril comeza o terceiro trimestre do presente curso 2019/20. E reanudaremos a actividade académica, propiamente dita, con todo o noso alumnado.
      Sabemos o difícil que está a ser facer escola sen estar na escola Sabemos que os nenos e as nenas necesitan o ambiente motivador das aulas para seguir aprendendo…  e que esta situación énchenos de incertezas e inseguridades porque temos máis preguntas que respostas.
      Pero tamén sabemos que somos xente afouta e que neste momento o realmente importante é conservar intacta a esperanza, o ánimo e os vínculos que nos enlazan sexan estes familiares, profesionais ou simplemente… de afecto. Empregar o tempo en fortalecelos será un capital que levaremos con nós toda a vida. Sobre todo os nenos e as nenas.
      A Consellería, que en todo este período non se caracterizou por manternos informados, segue na súa líña. De maneira que, hoxe domingo, non temos directrices para o desenvolvemento profesional do noso labor.
      Sabemos que o vindeiro mércores haberá unha reunión sectorial da Ministra Celaa cos conselleiros das disferentes CC.AA. e pode ser que os seus acordos sexan trasladados a Galicia polas nosas autoridades educativas. Pode. En calquera caso, terémosvos informados.
      De momento: o martes o profesorado colgará novas tarefas primando contidos procedimentais e actitudinais sobre os conceptuais.
      Tende a seguridade de que vos estamos a trasladar puntualmente canta información nos chega das autoridades educativas e así o seguiremos a facer.
      Apertas, azos, saúde e moita esperanza!
      A Dirección

      7.4.20

      APLICACIÓNS EDUCATIVAS

      Bo día a tod@s, espero que todo vaia ben e sen complicacións!!!

      A Editorial Santillana ten apps educativas que neste tempo están en aberto, por tanto son gratuítas.

      Pasamos o enlace das mesmas, recordando que os peques non deben estar demasiado pegados ás pantallas de móviles e tabletas:


      3 ANOS: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.santillana.increiblesmun3&hl=en_US

      4 ANOS: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.increiblesmun4&hl=en_US

      5 ANOS: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.santillana.increiblesmun5&hl=en_US


      Son compatibles con Android e IOS e chámase Los increíbles Mun.

      A editorial Planeta DeAgostini ten esta app na que os peques poden escoitar os contos clásicos, pero ademais son interactivos, poden tocar ás personaxes e elementos que se moverán ou farán sons. Ademáis está dispoñible en castelán, francés e inglés.

      App:  CuentAppcuentos


      Os mestres seguimos dispoñibles para tod@s, se necesitades calquera cousa non dubidedes en poñervos en contacto con nós. Moitas grazas

      3.4.20

      HAPPY EASTER

      HAPPY EASTER

      Hello:
      Aquí vos deixo un enlace para facer cousiñas sobre Easter (Pascua).

      Enlace: easter crafts for children.
      Espero que vos gusten. Lots of kisses and see you soon.

      PROPOSTA DE LÓXICA- MATEMÁTICA

      • O XARDÍN EN PRIMAVERA:
      - Debuxamos un trociño de herba, tiramos un dado e anotamos o número nesa herba, e despois debuxamos tantas flores como indica o dado, así relacionamos grafía e cantidade.


      - Facemos esta acción ata encher a folla.

      - Podemos decorar cada flor que distintos grafismos: raias, caracoliños, puntillismo, ondas...
       
      Para rematar escribimos a palabra Primavera, contamos cantas letras ten, o meu nome ten máis ou menos letras que Primavera? Cantas faltan ou sobran?


      • O XOGO DOS BOLOS
      - Trátase de xogar ós bolos de forma clásica, se non tedes bolos podedes utilizar rolos de papel, botellas valeiras...

      - Cada xogador tira os bolos, e nunha táboa anota a o número de bolos que tirou, tras a primeira rolda , rodeamos o número máis alto, e así ata que acabemos a partida. Para saber quen gaña soamente temos que contar a cantidade de roldas que gañou cada un.


      • CORCHO CALCULÍN
      - Xogo inventado por Dania , no que cada xogador/a tira un dado ou unha pedriña a un panel con números ata 5 veces, e de cada vez vai sumando a cantidade. Gaña o que consiga máis puntos.

      - Como a suma como operación non a traballamos demasiado e non se adapta ós máis pequenos/as, podemos facer o mesmo pero por cada número que saia, debuxar a cantidade en paíños ou bolitas, e depois contar a totalidade para saber quen ten máis.

      - Podedes adaptar o panel de números e cantidade de veces que tirades o dado para que ós peques lles resulte máis sinxelo.






      2.4.20

      PROPOSTA DE LECTOESCRITURA


      • Podemos traballar o noso nome, o da familia, amigos/as, utilizando letras recortadas de revistas e xornais, con mondadentes, plastilina...




      http://trabajandoenedinf.blogspot.com/?m=1



      • Podemos crear un libro coas letras do abecedario. Na parte superior de cada folla escribimos unha letra e no resto da folla debuxos que comecen pola letra indicada ( podemos escribir o nome completo ó lado de cada debuxo).

      • Esta idea gustounos moito:


      1.4.20

      PROPOSTA DE GRAFOMOTRICIDADE

      Hoxe traemos 3 porpostas para traballar o grafismo:


      1. Debuxar un prato nunha folla e seguir as instrucións ( imaxe que forma parte do libro La Cocina de Dibujos de Hervé Tullet)





      2. Crear nunha folla unha táboa como esta ou parecida e practicar trazos




      3. Aproveitar un día soleado para debuxar o perfil de da sombra dalgúns bonecos