30.11.23

4ºEI- O OUTONO NO MILLADOIRO

Aínda que o outono tardou en chegar, nós aproveitámolo ao máximo! Por fin entra pola fiestra o outono no Milladoiro, con as súas cores e follas caendo das árbores. Fixemos diversas actividades como manipular, cortar, pegar, clasificar, contar,.... 
Grazas a todas as familias que nos trouxeron elementos do outono. Cantas cousas aprendimos!


Preme na imaxe para acceder á galería

22.11.23

4ºEI- MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

 Para celebrar o mes das ciencias en galego nas bibliotecas realizamos o seguinte experimento: O ovo saltarín!

Para iso precisamos:

  • Ovos
  • Vinagre
  • Botes de cristal
Pensamos que lle pode suceder ao ovo e tiveron moitas ideas, a máis repetida é que se rompe.

Despois de 48 horas quitamos os ovos e.... SORPRESA!


17.11.23

Delicioso pan para a nosa "Receita VIO"

 Para celebrar o 25 de novembro elaboramos unha receita VIO (da non VIOlencia). Para iso partimos do marabilloso conto "Maruxa" que traballamos toda a semana nas aulas de infantil. Así os nenos e nenas puideron ver cales son os ingredientes que precisa o pan, es sobre todo... o traballo conxunto para facelo!

  • Fermento
  • Fariña
  • Auga 
  • Sal

Xuntamos todo e... xa está listo para amasar e poñer no forno! E sobre todo merendalo o día seguinte!

Grazas a Maruxa ademáis de facer pan, tamén aprendimos que as tarefas deben compartirse para favorecer a igualdade de xénero.



Preme na imaxe par acceder a galería


12.11.23

4ºEI- ANIVERSARIOS NOVEMBRO...TAMÉN LECTORES !

Os aniversarios do Milladoiro son outra cousa! Comezamos por facer a tarta entre todos, poñendo primeiro os mandilóns, axudándonos uns a outros. 

Como todo aniversario, non pode faltar: soprar a vela, cantar e os agasaios. Como nos encantan as sorpresas e os contos, temos os "Aniversarios lectores". 

Moitísimas grazas a familia de Carolina e Antía por facer este día máis especial aínda. 

PARABÉNS ANTÍA E CAROLINA!🎉


Preme na foto para acceder á galería de imaxes.

8.11.23

4ºEI- Samaín

A este cativiños lles encantan as celebracións e esta é a primeira que realizan no cole.

Pintamos as nosas caretas para as "lecturas terroríficas", tamén elaboramos a nosa caixa terrorífica e metimos neve artificial. 
Somos uns valentes que metemos as mans en todas as caixas dos nosos compañeiros/as do cole e tamén experimentamos cunha bandexa sensorial terrorífica!!!

E algo que nos encantou foi actuar e ver a concerto de Xoán Curiel!


Preme na foto para ir á galería de imaxes