28.6.19

FIN DE CURSO

O último día de cole todo o centro baixamos ó centro cívico para facer a graduación dos nenos e nenas de 6º de Infantil e para despedir ó alumnado de Primaria. Foi un momento moi emotivo para todos.
Despois de ver vídeos e despedirnos, subimos ó cole,onde a Anpa tiña organizada unha merenda para todos. Rematamos a xornada xogando e compartindo coas familias os noso traballos.

DÍA DE CONVIVENCIA

O 20  de xuño realizamos unha convivencia entre o noso centro, o CEIP Joaquín Rodríguez Otero e o Cra Nosa señora do faro. Este curso esta convivencia realizaríase en Buño, pero polas condicións meteorolóxicas, decidiuse no último momento, trasladarse a convivencia o pavillón de Malpica.
Alí xogaron nas múltiples colchonetas, bailaron, xogaron, fixeron colares e pulseras, recibiron globos con formas e puxéronse tattoos. A ANPA de Buño trouxo unha merenda saudable: plátanos, albaricoques e auga.





XORNADA SOBRE RODAS

O martes 18 celebramos a xornada sobre rodas. Todo o ciclo de educación infantil fomos ó pavillón onde utilizando patinetes e motos demos voltas a un circuíto, coa dificultade de seguir o carril e cumplir as sinalizacións. Pasáronno en grande!!!!!





27.6.19

GYMKANA INFANTIL ( 5º EI)

Na última semana o alumnado de infantil realizamos unha Gymkana. Organizamos catro obradoiros: cruzar unha ponte colocando bloques entre todos, encestar a pelota no barco, un circuíto e un xogo de carreiras  O alumnado distribuíuse en catro grupos: o amarelo, verde, vermello e azul, e despois de facer cada obradoiro recibiron unha peza dun puzle, unha vez que xuntaron as 4 pezas do puzles, puideron ver en que parte do cole estaban agochados os catro tesouros. 



FOTOS

ANIVERSARIO DE MARCELO ( 5º EI)

Na última de semana de clase celebramos o aniversario de Marcelo. Fomos á cociña para facer batidos de sandía, polo que tivemos que cortar moita froita, pero antes lavamos as mans e vaciamos o lavavaixelas. Unha vez feitos os batidos deixámolos no frigorífico e recollemos  a cociña, e mentres enfriaban, regalámoslle a Marcelo moreas de bicos e apretas. Despois soplamos as velas, cantámoslle e degustamos a nosa receita.
Rematamos bailando pola clase.
Moitas felicidades Marcelo, xa tes 5 anos!!!!!



ANIVERSARIO MARCELO

11.6.19

VISITAMOS 1º (6º E.I.)

Hoxe, na hora de ler, visitamos a aula de 1º xa que o vindeiro curso iniciaremos Primaria.
Estivemos moi atentos/as a todo o que nos contaron e fixemos moitas preguntas: é difícil aprender a ler?, hai exames en 1º?, hai casiña no recuncho para xogar?; pero todos/as coincidimos en que QUEREMOS PASAR A 1º!
Grazas aos compañeiros/as de 1º por lernos "Alex e o rato de corda" e polo agasallo final, vémonos o vindeiro curso en Primaria!








4.6.19

CONTO SOBRE O MAR: DÍA DO LIBRO ( 5º EI)








Tras traballar os perigos que ocasiona o lixo no mar, descubrimos que as tartarugas comen bolsas de plástico pensando que son medusas, así que na semana da celebración do Día do Libro, pensamos en facer unha historia para contar o que descubrimos.
Primeiro creamos a historia entre todos, escollemos democráticamente a través de votacións o título do conto, cada neno/a debuxou unha parte e por último gravámonos contando cada escena ata conseguir este resultado. Tardamos bastante pero mereceu a pena. Grande traballo en grupo!!!




Copia de conto un mar de plásticos de nunca xamais

ANIVERSARIO DE VALENTINA ( 5º EI )

O venres Valentina cumpliu 5 anos, e como seguimos cunha semana calurosa decidimos facer unha macedonia de froitas.
Na cociña lavamos as mans, cortamos as froitas: amorodos, melón, sandía e plátano, e exprimimos 5 laranxas que incorporamos ó conxunto, ademais de botarlle un pouco de azucre. Despois a protagonista, tras pedir un desexo,  soplou as 5 velas, mentres lle cantamos cumpleaños feliz. Degustamos a nosa receita, e a pesar de que varios repetiron a  macedonia que estaba boísima, o melón non tivo moito éxito.Tras recoller a cociña, regalámoslle a Valentina bicos e apretas, e ela trouxo un agasallo para toda a clase: caixas de témpera sólida de varias cores. Rematamos bailando todos xuntos.
Moitísimas grazas pola sorpresa e feliz aniversario!!!!



Aniversario de Valentina

ANIVERSARIO DE BENITO ( 5º EI)

A pasada semana celebramos o aniversario de Benito, aínda que ata agosto non cumple 5 anos.
Posto que tivemos unha semana calurosa, na cociña fixemos xeados de chocolate, para iso cada un dos nenos/as da clase, tras lavar as mans, fixo o seu batido con cacao e leite, utilizamos un embudo para metelo nos moldes e deixar a conxelar ata o día seguinte, non sen antes encher o lavavaixelas e poñelo a lavar.
Regalámoslle bicos e apretas , cantamos cumpleaños feliz, o protagonista pediu un desexo e soplou as velas, e degustamos os xeados, que estaban boísimos , ademais agradecimos algo tan fresquiño!!!

Rematamos bailando e gozando todos xuntos. Moitas felicidades adiantadas Benito!!!



Aniversario de Benito

ARTE CON CREBAS ( 5º EI)

Tras traballar a importancia de coidar o noso mar, subimos ó corredor de arriba do cole para ver os murais e a reutilización que fixeron os maiores de materiais plásticos na creación de obras artísticas. Despois visitamos a aula onde están as crebas que as familias trouxeron a comezos de curso, e todas as recollidas nas visitas do alumnado ás distintas praias, como as que nós recollemos na praia de Seiruga, e unnha caixa metemos algunhas das crebas que pensamos que poderían ser susceptibles de converterse nunha obra de arte. En clase miramos, clasificamos, tocamos e pensamos que poderiamos facer coas crebas, así que no Leolab, dividimos a clase en 5 grupos pequenos, e cada un deles utilizando os materiais que consideraron, crearon obras artísticas moi orixinais resultado do traballo en equipo. Unha vez rematadas as obras , cada grupo tivo que chegar a un consenso para elixir o nome da súa creación, así temos: O peixe Lúa, o peixe Tiburón, o crocodrilo zampón, a Billa corococón e a cana de pescar.


ARTE CON CREBAS