31.1.18

CUMPLEANOS DE GONZALO (6º E.I.)

Hoxe celebramos o cumpleanos de Gonzalo, entre a súa nai e Gonzalo contáronos o conto Adivina quién es?, un libro moi divertido sobre adiviñanzas de animais que nos fixo pasar un bo rato, xa que todos querían participar.



 

DÍA DA PAZ (6º E.I.)






O martes 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e a Non Violencia no centro, para elo baixamos todos xuntos o patio e interpretamos a canción de Macaco Mensajes del agua, cada alumno e alumna levaba unha gota de auga que pintara a súa maneira para demostrar que todos somos diferentes e podemos navegar cara un mesmo lugar. Despois subimos a colgalas no corredor para poder cotemplar a dos nosos compañeiros. Para terminar a xornada estivemos na clase realizando diferentes xogos cooperativos. Podedes ver todas as imaxes da sesión premendo no seguinte enlace: Día da paz.






O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR (6º E.I.)

Embarcados dentro do plan proxecta comezamos O sabor da aventura ésta no mar, unha iniciativa da Xunta de Galicia, xunto co fondo europeo marítimo e de pesca que fomenta o consumo de productos do mar, como a sardiña, o xurelo, o rodaballo... e no noso caso o MEXILLÓN. Comezamos recibindo unha fotografía dos mexillóns por parte da nosa amiga a buceadora Rosa, despois analizamos diferentes láminas que nos indicaban as partes deste molusco e, por último, coñecimos os Arroases e as súas explicacións, como por exemplo, que os mexillóns aportan Iodo e fomentan o desenvolvemento da intelixencia. Podedes ver máis recursos premendo no seguinte enlace: O sabor da aventura está no mar.






27.1.18

VISITAMOS HAWAII (5º E.I.)

Esta semana fixemos a nosa primeria visita a Hawaii. Saimos de Malpica rumbo ao noso destino.
Observamos que Hawaii está formado varias illas, e, a máis grande, é a que recibe o nome de Hawaii, pero non é a máis poboada. A cidade con máis poboación é onde se atopa a cidade de Honolulu. que está noutra illa.
Tamén visitamos Sunset Beach, onde celebran a proba do campeonato mundial de surf, e tuvimos a sorte de que nese momento estaban a celebrar a entrega duns premios a varios surfeiros.
Dicir que houbo algún neno que non lle chegou esta visita e seguiu insistindo que cando imos a Hawaii 😂😂😂😂😂.












Nos seguintes enlaces podedes ver algúns dos lugares que visitamos (ao mellor para poder velos tedes que ter instalado o GOOGLE EARTH):
HONOLULU
SUNSET BEACH
ENTREGA DE PREMIOS

ANIVERSARIO DE UXÍA (5º E.I.)


APORTACIÓNS AO PROXECTO (5º E.I.)

Grazas por todo o que aportachedes. Estanos servindo para guiar a nosa viaxe.










LECTURAS PEQUECHAS VII (5º E.I.)

Continuamos coas lecturas pequechas. O luns viñeron Iker e Blanca a lernos o conto "Andrés cabeza abaixo". 





23.1.18

SORPRESAS MARIÑAS ( 4º EI )

Hoxe chegamos a clase e Dania viña cargada de cousiñas do Mar para compartir con todos. un cadro do fondo do mar, peluches, bonecos de tiburóns, golfiños, peixes, polbos... Miramos, tocamos, xogamos e montamos un recuncho mariñeiro, para interactuar con todos os materiais que vaian aparecendo!!!




MESA LUZ: ANIMAIS MARIÑOS ( 4º EI )

Tras facer unha asemblea para ver que animais mariños coñecemos e axudar así á serea Leo, interactuamos na mesa de luz, utilizando as siluetas de algúns animais e barcos, xogamos e inventamos historias!!!




LECTURAS PEQUECHAS ( 4ª EI )

O luns recibimos a visita de Martín e Sabela, que nos contaron a historia de " A tartaruga que quería durmir".

            

22.1.18

CUMPREANOS DE LETICIA (6º E.I.)

Seguimos celebrando os cumpreanos literarios e nesta ocasión foi Leticia a que xa cumpliu 6 anos. A súa tía Marga visitounos na nosa clase e leunos un conto de Bob Esponja.



20.1.18

COMEZAMOS A VIAXE (5º E.I.)

Comezamos a viaxe, aproveitando a información que nos trouxo Marco Ures, contándonos que o surf naceu en Hawaii, este será o primeiro lugar que visitáremos. Fomos o mapa que hai no corredor do colexio para buscar onde estamos e a onde queremos ir; logo fomos á biblioteca a buscar nos atlas para, finalmente co mapa mundi e o escornabot facer o camiño dende Malpica a Hawaii. 
Co escornabot tivemos algún problema de dirección, xa que nalgún momento volvíamos para atrás en vez dir o noso destino. Pero finalmente chegamos.


HORA DE LER (5º E.I.)

O venres tivemos a visita de Sara e Ángela, de 3º de primaria, que viñeron a lernos o conto "A historia dos Bonobos con lentes".




19.1.18

ANIMAIS MARIÑOS (6º E.I.)

Traballamos as diferentes especies de animais mariños cun xogo moi divertido mediante os escornabots. Tiñamos que clasificar os animais en crustáceos, mamíferos, peixes e moluscos, tirábamos o dado e buscábamos un desa familia e despois comprobábamos. Foi unha actividade moi divertida, na que afianzamos conceptos e despois serviunos para facer o traballo perfecto. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: escornabots.




CUMPLEANOS MÓNICA (6º E.I.)

Comezamos o ano facéndonos maiores e Mónica é a primeira da nosa clase que cumple 6 anos. Para celebralo a súa nai veunos contar o conto de "El pez arco iris", que é un dos seus preferidos e ademais agasallounos cunha escama brillante.





17.1.18

VISITA DE LEO ( 4º EI )

Onte ó chegar a clase, atopámonos cunha sorpresa... Estaba Leo, a mascota da Bibilioteca Escolar, e un cofre de tesouros!! Dentro deste, descubrimos unha carta, na que Leo pedía axuda, xa que é unha serea e pasa moito tempo no mar, buscando libros e contos para a nosa Biblioteca. Leo necesita que lle axudemos a identificar animais mariños que poidan ser perigosos para ela.
Decidimos axudala, así que pensamos onde poderiamos encontrar información... Fumos á Biblioteca a buscar contos e libros sobre o mar, e ocorreúsenos a idea de preguntar ás familias, así que en breves... precisaremos máis AXUDA!!!