31.5.18

Aniversario de Valentina ( 4º EI)

Esta semana a protagonista é Valentina e hoxe foi o seu aniversario, xa ten 4 anos!!!! Como sempre a nosa protagonista fixo a súa coroa, regalámoslle bicos e apretas, cantámoslle, bailamos, recibimos a visita de mamá e papá que contaron o conto que inventaron para o libro viaxeiro, conto no que unha serea lle pide axuda a Valentina, xa que o mar está cheo de lixo, e trouxeron un agasallo para compartir, Un libro de pegatinas con temática mariña. Moitas grazas, encantounos!!
Tamén convertímonos de novo en chefs!!! Esta vez fixemos un batido de plátano, con xeado de nata, un poquiño de leite e unha culler de chocolate. Moitísimas felicidades Valentina





ÚLTIMA VIAXE (6º E.I.)

Por este curso rematamos as nosas viaxes arrededor do mundo, foron moitos os países que coñecemos (México, China, Rusia, Exipto, Senegal...) e, por último, fomos parar o continente americano, xa que varios nenos e nenas trouxeran cousas de alí (a bandeira de Uruguay, folletos de Estados Unidos, moedas de Perú, un ukelele de Venezuela...). Estivemos localizando cada un destes países e ademais descubrimos cousas da Estatua da Liberdade, xa que nos chamou moita a atención a súa altura, sobre todo cando a comparamos con a nosa. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: América.





29.5.18

ANIVERSARIO DE BENITO ( 4º EI )



A pasada semana o protagonista foi Benito. Aínda que non cumple 4 anos ata o verán, celebramos o seu aniversario , para iso decorou a coroa, falamos sobre os seus gustos, e cociñamos. Nesta ocasión , tras facer unha votación, fixemos unha TARTA. Como a aula de cociña estaba de reformas, cociñamos na clase, e comezamos por lavar e cortar fresas, despois extendimos nata en cada base de biscoito, engadimos os trociños de fresas e cubrimos con chocolate, nata e máis fresas. ESTABA BOÍSIMA!!!!

Sopramos as velas, cantamos, bailamos e regalámoslle bicos e apretas.

Tamén recibimos a visita de mamá e do seu irmán Pablo, que contaron a historia que inventaron no libro viaxeiro " Un mar de Contos", e ademais tiñan un agasallo para cada un!!!! Moitas gracias!!!





ANIVERSARIO BENITO

25.5.18

PORTUGAL (5º E.I.)

Deixamos o continente africano para volver a Europa, concretamente visitamos Portugal. Visitamos a capital Lisboa, xa que é onde aterrou o avión. logo fomos de turistas  a visitar o castelo de Guimaraes e o palacio nacional de Sintra. Así imos máis relaxados para a nosa penúltima proba do mundial de surf na praia de Carcavelos en Cascais. Aprendimos un pouco de portugués que é moi parecido o galego, no seguinte enlace podedes coñecer palabras en portugués TRADUTOR.



Que visitamos:

CASTELO DE GUIMARAES

PALACIO NACIONAL DE SINTRA

PRAIA DE CARCAVELOS, CASCAIS

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2018 (5º E.I.)

O venres 18 celebramos no colexio o festival das letras deste ano. Os nenos e nenas cantaron a canción "Un peixe moi divertido" de Mamá Cabra.


24.5.18

MES DAS LETRAS ( 4º EI )

Dende a celebración do Día do Libro, 23 de abril, ata o Festival das Letras, o 18 de maio, celebramos no cole o MES DAS LETRAS. Neste tempo realizamos a actividade dos Padriños/madriñas lectores, coñecemos a María Victoria Moreno, fixemos un abecedario do Mar, sacamos fotos con nosos contos favoritos e puxémolas nuns peixes para o mural Un mar de Contos, aprendimos a canción de "Peixiños do Mar", de A Banda dos Cueiros, e participamos no Festival das Letras, cantando e bailando esta canción, co acompañamento instrumental dos nenos e nenas de 6º de Primaria.



Para ver as fotos do mural premer na seguinte dirección:


https://photos.app.goo.gl/5NTLwUcZHBcdThUb8


ACTUACIÓN NO FESTIVAL


https://photos.app.goo.gl/pccpVJYwSzCd6Ni42

22.5.18

Lecturas pequechas ( 4º EI)

Nos últimos luns , na hora de ler recibimos as visitas de Nicolás e Ada, Laura e Yeray e Pablo e Alejandra.Os seis fixéronno moi ben e ós peques encantoulles!!!







21.5.18

DÍA DA FAMILIA ( 4º EI)

O martes 15 de maio, Día da Familia, fixemos unha actividade para traballar os estereotipos sexistas. Para iso, coa axuda das familias, pegamos nun mural fotografías de distintas persoas da familia facendo actividades que , en principio, os nenos e nenas de clase dicían que non facían: mamás e avoas percebeiras, xogando ó fútbol, collendo pesas, utilizando ferramentas...e papás e avós cambiando pañais ou dando o biberón, cociñando, arreglando a roupa, usando chilabas...
Aínda que son pequenos para entender moitas cousas, si descubriron que homes e mulleres podemos facer as mesmas cousas, aínda que no día a día non as realicemos!!

Tamén fixemos un agasallo para as familias, a pisada da nosa man en arxila branca, que unha vez secaron,  pintamos.
Para ver as fotos premer na seguinte dirección:


https://photos.app.goo.gl/pXwLuCWalhx0V07Q2

Recuncho mariño ( 4º EI )

A semana pasada recibimos a sorpresa de máis cousiñas bonitas para o noso recuncho mariño: Océanos, un libro puzle para xogar montando as partes de animais do mar, un par de estrelas de mar e a cuncha interna dun calamar, que ademais era transparente. Moitas Gracias!!!




18.5.18

FESTIVAL DAS LETRAS 2018 (6º E.I.)

Festival 2018 from Sandra on Vimeo.

SUDÁFRICA (5º E.I.)

Deixamos Xapón e subimos o avión con rumbo a Sudáfrica, no continente africano.  Continuando co campeonato mundial de surf. Neste país aprendimos que en vez dunha capital como os outros paises que visitamos, ten tres capitais Pretoria, sede do poder executivo; Bloemfontein, sede do poder xudicial; e Cidade do Cabo, sede do poder lexislativo. E, tamén que ten 11 linguas oficiais do estado, unha de las é o inglés, idioma que xa coñecemos; IDIOMAS OFICIAIS DE SUDÁFRICA



Os lugares que visitamos foron:




16.5.18

DÍA DA FAMILIA (6º E.I.)

ROLLITOS DE PRIMAVERA (6º E.I.)

CHINA (6º E.I.)

Estas últimas semanas estivemos visitando o país máis habitado do mundo, CHINA. Primeiro o situamos no noso mapa e despois fumos descubrindo algunha das súas características, o que máis nos chamou a atención foi que comeran con palillos, así que estivemos practicando con comida de diferente tamaño. Tamén nos gustou moito todas as cousas que inventaron como o tangram (que intentamos facer figuras en grupos), o ábaco, a peonza (que non soupemos bailala), a cometa (que aproveitamos para facer a nosa manualidade do Día da familia)... podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: China.





13.5.18

Aniversario de Dania (4ºEI)

Esta semana celebramos o aniversario de Dania. O luns recibimos a visita do papá e a mamá da nosa protagonista Dania, leron a historia do Libro Viaxeiro, na que descubrimos por que Dania se chama así. Trouxeron unha grande sorpresa, unha Piñata chea de lápices!!!!!!!!!
Tamén fixemos a coroa, regalámoslle moreas de apretas e bicos, e tras unha votación para decidir a receita que faríamos na cociña, cociñamos tortillas francesas, tod@s a probaron, e estaban boísimas!!!Bailamos, e cantamos cumpleaños feliz e Dania xa ten 4 anos, moitísimas felicidades!!!!!




Aniversario de Dania

CARACOLAS ( 4º EI)

Fai varios días recibimos unha grata visita cunha grande sorpresa: A mamá de Noa chegou a clase cunha Caracola viva!!!!! Trouxoa nun recipiente con agua, e aínda que intentamos que saíra da cuncha para vela, non puidemos observala!!! Foi unha mágoa non poder vela saír , aínda así foi un espectáculo ter , por un ratiño, unha caracola viva na clase. Moitas gracias



Recuncho mariño ( 4º EI )

Seguimos ampliando o recuncho mariño, nesta ocasión recibimos unha cuncha de calamar, unha caracola, unha esponxa e un mini-acuario ( unha manualidade feita por Juan). Moitas gracias a tod@s!!!!




 


 

7.5.18

CUMPREANOS DE MARA (6º E.I.)

O pasado venres celebramos o cumpreanos de Mara, cunha visita moi especial xa que viñeron a ler un conto a nosa clase o seu irmán Moisés, a súa nai e a súa bisavoa. O conto elexido foi Como axudo a Antón?, que nos axudou a reflexionar cal debe ser a nosa actitude cando vemos que alguén está sendo acosado. Sempre aprendemos cousas novas coas lecturas en familia.



2.5.18

RUSIA (6º E.I.)

A semana pasada estivemos visitando Rusia gracias as Matrioskas que nos trouxo Mara. O primeiro que fixemos foi situalo no noso mapa, descubrindo que Rusia forma parte de dous continentes  e é o país máis grande do mundo. Investigamos varias características deste país pero o que máis nos chamou a atención foi a Catedral de San Basilio, reproducindo a nosa propia mediante a técnica do puntillismo.

















Despois descubrimos as matrioskas a través dun conto ruso e fumos poñendo o nome que aparecía no conto a cada unha das muñecas, as colocamos por orden e pintamos a nosa propia matrioska de moitas cores para finalmente colocalas de menor a maior, aínda que algunhas eran moi parecidas e nos deron moito traballo. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Rusia.