21.12.21

Bo Nadal e Feliz 2022!


O equipo de Educación Infantil do CEIP Milladoiro quere desexarvos a todos e todas un 

BO NADAL 

e FELIZ 2022!
 

20.12.21

O CARTEIRO REAL : Infantil, 1º e 2º Educación Primaria

 Hoxe recibimos unha visita moi especial: O CARTEIRO REAL!!!!!!


Xa que os Reis Magos teñen moito traballo, enviaron ó seu carteiro real a recoller as cartas que con tanta ilusión fixemos. 

Os peques de 4º e 5º EI esperamos con moito nervio na biblioteca, xa que o carteiro e a súa axudante estaban na aula de 1º e 2º de Primaria.

Tras entregarlle as nosas cartas e as dos compis que hoxe non puideron vir á escola, recibimos unhas deliciosas chuches por ser moi bos e boas e por esforzarnos e traballar tanto este trimestre.




FOTOS

FELICES FESTAS A TOD@S!!!!!

ALFABETIZACIÓN INFORMÁTICA: coñecendo a micro:bit!!!

 

Rematamos o 1º trimestre traballando a alfabetización informática a través da programación!

Nos últimos días todo o alumnado, grazas á formación impartida pola mestra Marta (coordinadora do equipo tecnolóxico), achegouse a un novo material xa dispoñible no noso Leolab: a placa Micro:bit.

Durante estas sesións formativas, e en función das idades e capacidades do alumnado, coñecemos  a linguaxe de programación a través da plataforma Makecode (moi parecida a Scracht), e configuramos cada placa con luces leds: mensaxes e música navideña para adornar as árbores de Nadal de cada aula.

O programa que empregamos deixámolo no seguinte enlace, por se algunhas das peticións aos Reis Magos é un kit Micro Bit para seguir aprendendo, creando; pois saímos encantados da sesión.

Programa o teu Micro Bit

Nos seguintes enlaces accederedes á galería de fotos das diferentes sesións:

Un pasiño máis dentro da biblioteca creativa!

ODS 4-Axenda 2030

17.12.21

ACTIVIDADES DO NADAL NO PEQUECIENCIAS ( 4ºEI/ 5º EI)

 Durante esta semana o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil disfrutou dunha feria de Nadal organizada no pequeciencias. 


Preme na imaxe para acceder ó álbum de 4º EI




Puideron realizar en pequeno grupos varias actividades:

- Lectura de contos con lanternas.

- Xogo numérico de Nadal co  robot DOT

- Piano para tocar cos pés, coa partitura por cores da panxoliña de Navidad

- Xogo de trazos tirando un dado.

- A busca de elementos de Nadal na mesa sensorial utilizando a ruleta.

- Xogos na mesa de luz.

- Realidade aumentada con plastilina

- Vídeos navideños coas gafas de realidade virtual



Preme na imaxe para acceder ó álbum de 5º EI

O Nadal en 5º EI

 Durante este mes traballamos a temática do nadal onde realizamos un montón de actividades:

- PORTADAS DOS NOSOS TRABALLOS




- POSTAIS DE NADAL




- MANDALAS NAVIDEÑOS




- DEBUXO PARA O CONCURSO DO NADAL DO CONCELLO


















Agasallo ( 5º EI)


Hoxe, a primeira hora levamos unha grande sorpresa, David, o papá de Ainara trouxonos un agasallo moi grande, así que tivemos que saír ó corredor para descubrir que era.

O agasallo era unha cheminea preciosa elaborada por David e Ainara, que bonita!!!!!!!!!!









MOITÍSIMAS GRAZAS POR TRAER ESTES AGASALLOS TAN BONITOS QUE FACEDES EN FAMILIA!!!!!

 

16.12.21

Música Tradicional en Educaciòn Infantil


 

 Durante o mes de decembro, dentro do PDI Nós: patrimonio in-material!, seguimos traballando a oralidade, pero neste caso en relación á música tradicional.

Por iso, hoxe, 4º e 5º de Educación Infantil recibimos a visita dalgúns membros da Asociación Malante, que nos presentaron varios instrumentos musicais e tocaron varias pezas. Rematamos a sesión bailando ó son da música.







MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VISITA E POR ACHEGARNOS A CULTURA MUSICAL TRADICIONAL!!!!

MARTES ROBÓTICOS: PROXECTO ROBÓTICA EN 6º EI

 Trala realización do vídeo titorial sobre realidade aumentada con plastilina, presentamos o noso robot pintor.

Para a súa realización todos aprendemos dos erros, cambiamos o tipo de motor, decidimos se portapilas con interruptor ou batería soa, cambiamos de vaso por un máis grande... ó final conseguimos que funcionara e que alegría máis grande levamos!!!!!!




Video titorial: Robot Pintor - Kizoa Movie Maker






15.12.21

Premio da postal de Nadal polo Concello


 

O martes 14 de Decembro, achegáronse á biblioteca do cole o Sr. Alcalde, Eduardo Parga, e a Concelleira de Educación e Cultura, Noelia Freijeiro, para desvelar que foi o escolar premiado no concurso do Nadal do Concello , sendo nesta ocasión:

A aula de 4º de Educación Infantil

Parabéns a todos os nenos e nenas de 3 anos, que con as súas pegadas fixeron esa árbore de Nadal tan fermosa que preside os carteis de actividade do Concello de Malpica. Tamén recibiron un agasallo para a clase e un cartel para cada un deles. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: premio.




Laboratorio de Ideas: Adornos naturais de Nadal ( 5º EI)

 Neste mes de decembro, o equipo creativo propuxo realizar adornos para as nosas árbores, que sempre expoñemos na entrada das nosas aulas e na entrada ó centro.

Na nosa clase decidimos realizar uns adornos con pedras, que pintamos como se foran árbores e decoramos con pinchiñas de pintura:


Preme na imaxe para acceder ó álbum


Para rematar colocamos unha estrela que deseñamos días atrás e imprimimos en 3D:








Nadal en 4º E.I.


Moito traballaron os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil cos seus adornos de Nadal. Fixeron árbores de pinas decorados con plastilina, arbolitos con pompóns, botas de Papa Noel, a postal de Nadal... podedes ver todo o que traballaron premendo no seguinte enlace: adornos de Nadal.

 

Música tradicional (4º E.I.)

 Rematamos este primeiro trimestre dedicado a Oralidade, berce da cultura!, en relación co noso PDI Nós: patrimonio in-Material!, coa música tradicional da nosa zona, invitando as familias a que nos mostren o noso folclore. Nesta ocasión, os alumnos/as de 4º Educación Infantil recibimos a visita de Dolores, nai dos nosos compañeiros Diego e Daniel, que nos mostrou algún dos instrumentos tradicionais como a gaita e a pandeireta e tamén algúns pasos de baile. Podedes ver todo o que desfrutamos desta xornada premendo no seguinte enlace: música tradicional.



Mes da ciencia en galego nas BE - Facemos neve (4º E.I.)

 No CEIP Milladoiro estamos traballando neste mes de Novembro, o mes da ciencia en galego nas bibliotecas e para iso cada clase ten que realizar un experimento científico que exporá nos corredores para que o resto das clases poidan ter acceso a el. Na aula de 4º E.I. aproveitamos que chegou o tempo do frío e elaboramos neve, que ben o pasamos xogando e experimentando con ela na cociña. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Experimentamos con neve.





25 N Día Internacional contra a violencia de xénero


Os máis pequenos tamén se sumaron a actividade que organizou a biblioteca escolar para conmemorar o Día contra a violencia xénero. Presentou un mural , "Visión 3D: Diálogo + Dereito + Dignidade", con títulos de libros que dan tratamento a igualdade de xénero e que os descubriron a través das gafas 3D. Podedes ver todas as imaxes da xornada premendo no seguinte enlace: Mural 3D.
 

1.12.21

Mes da ciencia en Galego nas Biblioteca: Experimentos das outras clases (5º E.I.)

 Dende o mes de novembro, nas entradas de cada aula están expostos os diferentes experimentos científicos creados polo alumnado dos distintos cursos.

A nosa clase pasou por varios deles e pasáronno xenial creando neve, movendo as areas coa música dun tambor, xogando co olfato, co tacto, coa vista , co xilófono de auga...



Prema na imaxe para acceder ó álbum


Proxecto Os vehículos: Experimento científico ( 5º EI)

 Esta semana estamos traballando o globo aerostático. Así que decidimos realizar un experimento científico dos que atopamos na nosa investigación na biblioteca o pasado mes.

Esta vez procuramos inflar os globos utilizando vinagre e bicarbonato, pasáronno en grande!!!!!




Preme na imaxe para acceder ó álbum


ANIVERSARIO DE MAYRA ( 5º EI)

 Hoxe celebramos o aniversario de Mayra, agora xa ten 4 ANOS!!!!!!!!

Cantámoslle, soprou a candea despois de pedir un desexo e levou a súa tarta, pintada por ela mesma e decorada pol@s compis, que ademais recibiron un agasallo!!! 







MOITÍSIMAS FELICIDADES!!!

26.11.21

25N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero ( 5º EI)

Lab. Experimental: cambiando a visión!

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos do mural.


Presentamos o mural Visión 3D: Diálogo + Dereitos + Dignidade que a BE-LeoLab Milladoiro expón no corredor do 1º andar, o 25N en relación co Laboratorio Experimental que se está a implementar nas aulas este mes de novembro.

Ao longo desta semana, tod@s experimentaremos a visión 3D coas imaxes estereoscópicas de diferentes títulos que dan tratamento á igualdade de xénero e pecharemos a experiencia elexindo unha lectura de vida para compartir nas aulas, así como deixando a nosa pegada polo 25N. 

Na nosa clase lemos o conto "O libro dos Porcos", para traballar a corresponsabilidade e a igualdade no fogar, e despois probamos as gafad 3D e puxemos a nosa pegada!!!


FOTOS


Porque xunt@s podemos ser, atrevéndonos a ser nós: dialogando, respectándonos, con dignidade; rememorando o produto final que xurdiu na área de Educación Musical o pasado curso: Depende de los 2

Elas, as protagonistas de cada exemplar, cambiaron o conto e nós

seguimos querendo... cambiar o conto!

24.11.21

RECREOS MOLÓNS ( 5º EI)

 Nesta semana, coa entrada de  frío e vento, non podemos xogar nos columpios, así que onte xogamos en psicomotricidade coas colchonetas, os aros e os carozos de millo. 

Unha das ideas que xurdiu foi facer mandalas e construcións e fixeron cousas moi chulas!!!









Martes Robóticos: comezando un novo proxecto ( 6º EI)

 Onte comezamos a preparar un novo titorial: Como crear un robot pintor!!


Pensamos... Que é imprescindible para que un robot poida moverse? Enerxía. Así que collimos os portapilas, buscamos os signos da polaridade e  o mesmo coas pilas, despois colocámolas de forma correcta.

Unha vez este traballo feito, seguimos pensando... Se xa temos a enerxía...Que precisamos para transformala en movemento? Un motor.

Cada peque colleu un motor e conectámolo co portapilas, utilizando uns cables, pero tendo en conta que o negro é o polo negativo e o vermello o polo positivo.

Por último encendimos o interruptor e...O MOTOR XA SE MOVE!!!












Continuaremos...

ANIVERSARIO DE LUCAS ( 5º EI)

 Onte celebramos o aniversario de Lucas que xa ten 4 ANOS!!!!!!!

Soprou as velas da tarta que el pintou e decorada polos compis con boliñas de plastilina. Cantámoslle, pediu un desexo e recibimos agasallos!!!!!!!!



MOITÍSIMAS FELICIDADES!!!!!!!!!!!!!!