22.10.18

PROXECTO CHINA: ONDE ESTÁ CHINA?

Tras descubrir que o debuxo de Monster era un dragón chino, buscamos onde está China, primeiro nun mapa mundi grande e despois axudamos ó escornabot, que lle chamamos Rosita, a chegar a China.


                                  Onde está China?

15.10.18

PROXECTO CHINA: O DRAGON CHINO ( 5º EI )

Tras ver o vídeo de Monster pedíndonos axuda, saímos a mirar no noso buzón de clase o que nos deixara e ...descubrimos un debuxo!!!!
Falamos sobre el: uns dicían que o debuxo era unha serpe, dragón japonés, unha sepia, unha vaca, un monstro mariño, un dinosaurio...que o de abaixo ( as letras chinas) era a casa do debuxo, que era a peza dun barco pirata, a cama... Tras moito divagar pensamos como poderiamos resolver esta incógnita, así que decidimos visitar as clases de 1º e 2º de Primaria e pedirlles axuda. En ambas clases dixéronnos que o debuxo era UN DRAGÓN CHINO, e na clase de 1º Primaria tamén nos informaron de que o de abaixo eran letras chinas, pero que eles non sabían o que poñía.
Pensando en quen nos podería axudar, un neno de clase dixo que poderiamos preguntarlle a un profesor de chino, así que buscamos en internet un profesor de chino en Coruña, e mandámoslle un correo. Cada neno/a achegouse ó ordenador a escribir varias palabras , e o resto comprobaba na pantalla que a letra escrita correspondía ó son da letra. Tras esperar un día recibimos a resposta, no debuxo poñía: DRAGÓN CHINO!!


 FOTOS:
Dragón chino no buzón
Correo academia de chino

XOGOS DE LÓXICA ( 5º EI )

A semana pasada descubrimos na clase a caixa de xogos matemáticos que forman xa parte 
da nosa rutina diaria. 






ANIVERSARIO DE BREIXO ( 5º EI )

A semana pasada celebramos o aniversario de Breixo, que xa ten 4 ANOS!!!!
Ademais de facer un libro persoal que aínda está en proceso de elaboración, fixemos unha receita de cociña: tomates recheos. Para facela cortamos ovo cocido , xamón e queixo, quitámoslle a pulpa ós tomates , mesturamos todos os ingredientes e recheamos o tomate, por último unha pizquiña de sal e aceite  e para o forno!!! Despois de probar o plato, Breixo recibiu bicos e apretas , bailamos coa música e descubrimos os regalos para toda a clase que trouxo Breixo: 2 cómics ilustrados, un libro dos grandes animais mariños e pintura de dedos metalizada. Moitas grazas!!!!

Imaxes en : Aniversario de Breixo

OS TRANQUILIÑOS ( 5º EI)

A semana pasada Monster presentounos ós seus amigos: OS TRANQUILIÑOS. Estes seres adoran a calma e a tranquilidade, e ademais desprenden un olor moi rico cando se da unha situación de relaxación. Sen embargo, cando hai moito ruído escóndense e xa non podemos velos!!!!


7.10.18

ANIVERSARIO DE GABI ( 5º EI )

O venres celebramos de novo un aniversario, nesta ocasión o de Gabriel, que xa cumpliu 4 anos!!!!!Como facemos habitualmente, elaboramos unha receita na aula de cociña, un prato que estaba boísimo, uns...BOCAPIZZAS!!!! Repartimos o pan, botámoslle tomate natural, troceamos o queixo e o xamón, engadimos un pouquiño de aceite e sal e para o forno. Despois abrazamos e bicamos a Gabriel, soplou as 4 velas non sen antes pedir un desexo, e rematamos bailando!!!! Moitas felicidades Gabi!!!!!!!

En breves rematará o seu libro persoal!!!

ANIVERSARIO DE GABRIEL