23.9.18

ANIVERSARIO LEO: XA TEN 4 ANOS!!

O venres celebramos o aniversario de Leo, o primeiro neste curso. Fomos á cociña, onde fixemos brochetas de froitas: melón, arándanos, uvas e plátanos, despois na clase degustámolas e estaban boísimas, aínda que o melón e os arándanos non tiveron demasiado éxito.Tras cantarlle varias cancións de aniversario, Leo pediu un desexo e soplou as catro velas, regalámoslle bicos e apretas e para rematar... bailamos todos xuntos!!!!Moitas felicidades Leo!!!! Agora soamente queda rematar o libro que está facendo sobre si mesmo!!


 Para ver as fotos e vídeos premer no enlace:


Aniversario de Leo

22.9.18

INICIO DE CURSO ( 5º EI)

O 12 de setembro comezamos o curso escolar, e estes días estivemos repasando conceptos xa vistos o curso pasado e aprendendo outos novos: a secuencia numérica, formas xeométricas, series sinxelas, o noso nome e o dos compañeiros... Recordamos as rutinas, comezamos a escoller recunchos para poder xogar, e estamos iniciándonos no uso das tesoiras.


Fotos no enlace:

Inicio de curso