31.5.18

Aniversario de Valentina ( 4º EI)

Esta semana a protagonista é Valentina e hoxe foi o seu aniversario, xa ten 4 anos!!!! Como sempre a nosa protagonista fixo a súa coroa, regalámoslle bicos e apretas, cantámoslle, bailamos, recibimos a visita de mamá e papá que contaron o conto que inventaron para o libro viaxeiro, conto no que unha serea lle pide axuda a Valentina, xa que o mar está cheo de lixo, e trouxeron un agasallo para compartir, Un libro de pegatinas con temática mariña. Moitas grazas, encantounos!!
Tamén convertímonos de novo en chefs!!! Esta vez fixemos un batido de plátano, con xeado de nata, un poquiño de leite e unha culler de chocolate. Moitísimas felicidades Valentina





No hay comentarios:

Publicar un comentario