8.3.24

6ºEI_Entrevista fantástica: Laura Vilanova

Presentamos o vídeo-entrevista fantástica a Laura Vilanova Gantes, amiga pediatra.

A vindeira semana presentarémolo na biblio co gallo da Semana da Muller 2024, esperemos que vos guste.

E aquí vos deixamos o podcast que gravamos en Radio Balea:

Feliz Día da Muller!

5ºEI_Entrevista fantástica: Isabel Barreto

Celebramos o Día da Muller cunha entrevista fantástica á primeira Muller almiranta do mar: Isabel Barreto.

As nenas dan voz a Isabel e os nenos fan de entrevistadores, un vídeo que presentaremos a vindeira semana na nosa biblio: Semana da Muller 2024.

Aquí vos deixamos o podcast gravado en Radio Balea:

Feliz Día da Muller!

4ºEI- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: MARIE CURIE.

Hoxe, día 8 de marzo, festexamos o día internacional da muller. Este ano 2024 todo o centro realizou na radio "Entrevistas fantásticas".

Nos eliximos a Marie Curie. Nesta entrevista temos dúas respostas fantásticas, polo tanto non son verdade. Seredes capades de atopalas? Para iso temos que estar moi atentos/as ao podcast!

No sitio de Radio Balea podedes escoitar ás entrevistas que realizaron os demáis compañeiros/as a ver si tamén atopades as respostas fantásticas. 

 

Aquí vos deixamos o podcast gravado entre todas e todos:

5.3.24

4ºEI- ANIVERSARIOS MARZO... TAMÉN LECTORES !

Neste mes de marzo celebramos o aniversario de Vega. Neste caso elixiu tanto unha tarta de mazá como o conto "O coelliño branco". 
Moitas grazas a familia de Vega por facer posible este momento.

Parabéns Vega! 🎉




Preme na imaxe para acceder á galería





23.2.24

4ºEI- CALIGRAMA DÍA DE ROSALÍA.

 O 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía. Despois de coñecer un pouquiño quen era Rosalía, cada clase creou o seu caligrama natural partido do libro "O herbario de Rosalía".

Gustounos moito tanto rasgar como pegar o papel e tamén recoñecer as vogais para poner encima os sellos. 

Así de bonito quedou o noso. Se queres ver como foi o proceso, preme na foto. 





18.2.24

4º EI- ANIVERSARIOS FEBREIRO... TAMÉN LECTORES !

 Este mes de febreiro celebramos o aniversario de Alba, a primeira destes cativiños en cumplir 4 anos. Ela mesma decidiu que a tarta fora de vainilla. 

O xoves fumos a cociña e o venres celebración! Moitas grazas a súa nai por vir contar o conto que Alba quería polo ser aniversario. 

Parabéns Alba! 🎉



Para acceder á galería preme na imaxe

14.2.24

ENTROIDO DOS CATIVIÑOS

Estes cativiños o pasaron xenial neste Entroido!🎉
O xoves o disfraz libre todos xuntos na merenda de infantil e o venres co desfile todos de... Aventureiros do Milladoiro!
Daros a grazas a todas as familias pola colaboración nos postres de entroido, sin vos esta merenda e festa non sería posible 😊



Para ver a galería pincha na imaxe