21.3.19

DÍA DA MULLER TRABALLADORA ( 5ª EI)


Para celebrar o Día internacional da Muller Traballadora, a nivel centro, convidamos a Charo, unha muller redeira que fixo unha charla moi interesante sobre o seu traballo para todo o alumnado na biblioteca do noso cole.

Tamén, a nivel aula,  convidamos a todas as mulleres que teñen ou tiveron un oficio relacionado co mar, e no noso caso, Tania, a mamá de Gabi, visitounos a todo o ciclo de infantil. Como é redeira explicounos un montón de cousas: a vestimenta que utiliza, os instrumentos como as agullas, que ademais son distinto tamaño e o seu uso depende do tipo de rede, a importancia do seu traballo...  Ademais trouxo unha rede e moitas agullas, de forma que todo o alumnado de infantil aprendeu a coser . Foi unha actividade moi interesante, e ademais Tania regalounos un trociño de rede a cada un por se queremos seguir cosendo !!!! Moitísimas grazas pola visita!!!

Ademais das visita fixemos unha sesión de radio o alumnado de 5º de Educación Infantil:

ESPAZO MAKER ( 5º EI)

A nosa nova biblioteca xa está case rematada, así que visitamos o espazo maker para facer actividades dirixidas e poder coñecer algúnhas das oportunidades que nos ofrece dito espazo.

Pasámolo xenial!! Xogamos coas palliñas de construcción, co muro Lego, coas rodas dentadas, xogo de construcción, xogos na pantalla multitáctil, achegámonos ó makey makey e descubrimos un novo robot con instruccións sinxelas para programar os seus movemenetos, o Matatalab.




FOTOS MAKER

11.3.19

ENTROIDO 2019: PESCADORES CHINOS ( 5º EI)

SIMETRÍAS ( 5º EI)

No Proxecto sobre Chino parámonos no tema dos vermes de seda, o que nos levou a indagar un pouco sobre a metamorfose dos vermes en bolboretas. Aproveitando este tema , pintamos unha bolboreta á metade e descubrimos que ó doblar a folla conseguimos unha simetría!!




FOTOS SIMETRÍA DAS BOLBORETAS

HORÓSCOPO CHINO ( 5ºEI)

A comezos de febreiro recibimos no buzón da clase unha sorpresa: Monster deixounos un cartel co horóscopo chino. Miramos os animais que había nese debuxo e os números asociados a cada animal, e descubrimos que no ano no que nacimos é o ANO DO CABALO!!!





FOTOS HORÓSCOPO CHINO

ANIVERSARIO DE JUAN LUIS ( 5º EI )

A semana anterior ó entroido, celebramos o aniversario de Juan Luis. Fomos á cociña a facer paninis de atún, receita escollida anteriormente, así que cortamos queixo, engadimos atún e unha pizquiña de sal. Antes e despois de cociñar lavamos as mans, recollimos os cacharros do lavavaixelas e deixamos todo ben ordenado. Mentres quentamos os paninis, regalámoslle a Juan Luis bicos e apretas, e cantamos cumpleanos feliz, sopramos as velas, o protagonista pensou un desexo, e degustamos a nosa receita. Esta boísima!!!!!!!!!!! Por suposto, rematamos a xornada bailando todos xuntos e cun agasallo que trouxo Juan para tod@s. Juan Luis xa ten 5 anos, moitas felicidades!!!!!




FOTOS ANIVERSARIO DE JUAN LUIS