Chegou a primavera ó noso bosque de 4º Educación Infantil, que bonitas quedaron as nosas flores, podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: flores.
16.4.21
15.4.21
Macetas de Barro
Onte recibimos a visita de Lidia de Creare para realizar un taller de barro co alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaira. A intención foi realizar unha maceta que despois levará Lidia a cocer, polo que estamos moi agradecidas con esta colaboración que esperemos que continúe. Podedes ver todas as fotos da sesión premendo na seguinte enlace: Barro.
22.3.21
ÓVOS ULTRAVIOLETAS ( 4º EI)
Hoxe descubrimos que o inverno marchou e xa estamos en Primavera!!!!!!
Posto que nesta estación a flora e a fauna comezan a reproducirse, cada vez veremos máis insectos, flores, paxariños... decidimos dedicar este día a traballar con óvos.
Comezamos consendo óvos de cartón utilizando lá e agullas, e o fixeron moi ben. Despois fomos ó Leolab, onde, utilizando lámparas e lanternas de luz ultravioleta e rotuladores fluorescentes, decoramos o noso óvo. Foi unha actividade moi motivadora e máxica para eles, e ademais foi sorprendente ver as nosas producións coa luz prendida, algunhas cores eran distintas!!!!
6.10.20
Liñas verticais (4º E.I.)
Comezamos a traballar o trazo a través da práctica das liñas verticais, primeiramente experimentamos na pantalla dixital e despois repasamos liñas de diferentes cores coa axuda do pincel. Podedes ver todas as fotos deste primeiro taller de grafomotricidade premendo no seguinte enlace: liñas verticais.



