21.12.19

A ÁRBORE DE NADAL

A PDI  deste curso é Visión 3C: comunicación , ciencia e creatividade.


Este trimestre traballamos a comunicación, así que polo Nadal decoramos a nosa árbore de clase con palabras que representan esta festividade para os peques. Para eles o Nadal son caramelos, chuches, amigos, familia, regalo, panxoliñas, tarta, adornos, bailar, casa... Cada neno/a escribiu nunha folla esa palabra, pero coa condición de que cada letra tocara ás do lado, despois de escanealas e utilizar o programa Selva 3, as nosas palabras xa estaban convertidas en pezas para imprimir na impresora 3D.

Encantoulles ter un adorno para a árbore feito por eles na impresora!!!


E posto que escollemos, por votación, dúas palabras para representar con pictogramas no postal dixital feita por todo o cole, aproveitamos a impresora 3D para facer dúas pezas como adorno para a árbore conxunta do cole: estrela e adornos.




FOTOS

20.12.19

Roberta e o Nadal (4º-5º- 6º EI)

Velaí o conto inventado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Infantil, narrado por Alberto Ordoñez e no que o propio alumnado puxo os efectos especiais. Unha xoia!

18.12.19

CINE EN CARBALLO

Hoxe todo o alumnado do centro gozou dunha sesión de cine en Carballo. Os peques de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria vimos Toy story 4, todos estiveron moi tranquilos, para algúns era a primeira vez que visitaban un cine e  outros xa viran a película, aínda así foi unha experiencia xenial poder compartir cos nosos compañeiros/as este tipo de actividades.

Posto que o tempo non era nada bo, decidimos voltar ó cole e merendar alí, e despois xogamos todo infantil na aula de psicomotricidade cos bloques, as espumas e as colchonetas!!!

FOTOS

17.12.19

LABORATORIO DE IMAXE: 3º GRUPO ( INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA)

O  terceiro grupo xa pasou polo laboratorio de imaxe e coma sempre , todos aprendimos xuntos, colaborando para poder obter resultados.

As actividades realizadas xiraron ó redor dun tema concreto: O rescate da Serea Leo, un xogo de pistas ou escapismo. A dinámica nas sesións foi a seguinte:

- 1º sesión: falamos sobre o que é un xogo de escapismo e como funciona, despois de saber o que é, descubrimos que temos que rescatar a Leo, pero primeiro manipulamos candados de chaves e de números, lanternas de luz UV,  utilizamos a mesa de luz,  e usamos a Tablet para atopar imaxes de Realidade Aumentada agochadas na clase, non sen antes identificar o icono da aplicación.

- 2º sesión: visualizamos a mensaxe que deixa a Serea Leo e os piratas malvados. Dividimos a clase en dous grupos mixtos, uns fan o xogo con Ana nunha clase do 2º andar e outros fanno comigo, Marta, na aula de apoio de infantil; xa que para facer un xogo de este tipo é necesario grupos pequenos. Fixemos o xogo, todos atopamos á Serea Leo, e intercambiamos opinións sobre a experiencia. A partir da experiencia co grupo anterior, decidimos non facer cambios na dinámica da sesión , xa que a anterior foi o punto exacto de dificultade.    FOTOS



ESCAPISMO



- 3º sesión: facemos unha asemblea sobre o que máis lles gustou, se cambiarían algo... despois fixemos un traballo de mesa no que tiñan que debuxar e escribir o que máis lles gustou e os materiais/elementos utilizados ( candados, lanternas, chaves, caixas, mesa de luz...) Mentres uns traballaban (os maiores axudaron ós máis pequenos), outros gravaban no chroma a súa opinión sobre a actividade.



ANIVERSARIO DE ANNA ( 6º EI)

Esta semana celebramos o último aniversario do ano, o de ANNA. Agora xa todos teñen 5 anos!!!!

Fixemos o cartel coas súas características na cor que ela escolleu e despois fixemos os debuxos para o libro que levou para casa. Xa teñen automatizada a actividade, polo que lle preguntaron que cousas lle gustaban e cales non, a súa cor preferida, xogos...

Anna regalounos unha bolsiña de chuches cun toque navideño. Moitas grazas e moitas felicidades!!!!


ANIVERSARO DE ANNA

16.12.19

Visita dos Reis Magos

Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita dos Reis Magos que recolleron as nosas cartas e escoitaron todas as peticións que teñen os nenos e nenas de Educación Infantil e do 1º ciclo de Educación Primaria. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Reis Magos.


4.12.19

LABORATORIO DE IMAXE: 2º GRUPO ( Infantil e 1º ciclo de primaria)

Xa finalizamos as tarefas co segundo grupo de infantil e 1º ciclo de primaria, e foi unha experiencia moi divertida e dinámica , aprendendo en colaboración cos compañeiros/as para chegar a un fin común.
As actividades realizadas xiraron ó redor dun tema concreto: O rescate da Serea Leo, un xogo de pistas ou escapismo. A dinámica nas sesións foi a seguinte:

- 1º sesión: falamos sobre o que é un xogo de escapismo e como funciona, despois de saber o que é, descubrimos que temos que rescatar a Leo, pero primeiro manipulamos candados de chaves e de números, lanternas de luz UV,  utilizamos a mesa de luz,  e usamos a Tablet para atopar imaxes de Realidade Aumentada agochadas na clase, non sen antes identificar o icono da aplicación.

- 2º sesión: visualizamos a mensaxe que deixa a Serea Leo e os piratas malvados. Dividimos a clase en dous grupos mixtos, uns fan o xogo con Ana nunha clase do 2º andar e outros fanno comigo, Marta, na aula de apoio de infantil; xa que para facer un xogo de este tipo é necesario grupos pequenos. Fixemos o xogo, todos atopamos á Serea Leo, e intercambiamos opinións sobre a experiencia. A partir da experiencia co grupo anterior, decidimos facer cambios e poñer as pistas máis complicadas, xa que para os máis maiores foi demasiado sinxelo, pero esta vez costou máis darlle sentido ás pistas que atopamos.




ESCAPISMO


FOTOS

- 3º sesión: facemos unha asemblea sobre o que máis lles gustou, se cambiarían algo... despois fixemos un traballo de mesa no que tiñan que debuxar e escribir o que máis lles gustou e os materiais/elementos utilizados ( candados, lanternas, chaves, caixas, mesa de luz...) Mentres uns traballaban (os maiores axudaron ós máis pequenos), outros gravaban no chroma a súa opinión sobre a actividade.




LEOHLE: BOOKTUBERS ( 6º EI)




















3.12.19

ANIVERSARIOS DE SANTIAGO, ANTÍA E NOA ( 6º EI)

Estas últimas semanas tivemos que facer moitos cambios nas dinámicas da aula, xa que a varicela pasou por case todos os nenos e nenas da clase.
Ante tanta ausencia, e a pesar de celebrar o aniversario de Santiago antes de que faltaran tantos peques, non foi ata onte cando levou para casa o libro de debuxos que lle fixeron como agasallo os seus compañeiros, xa que estaba sen rematar. Aínda así marchou moi contento co libriño. Moitísimas felicidades Santiago!!!


Noa e Antía estiveron de aniversario o 25 e 27 de novembro, pero tamén estiveron enfermas, así que ata esta semana non pudimos celebralo. Agora xa teñen 5 anos, e levaron para casa o seu libriño de debuxos con moita emoción.

Ademáis Noa repartiu invitacións para todos e Antía trouxo dous agasallos para todos: un xogo de puzles con moitas posibilidades e o Quién es Quién?.


Agora xa están aprendendo a describir ós compis pola súa personalidade, e iso nótase na folla de características que facemos entre todos. Xa teñen adquiridas moitas máis palabras para describir e involúcranse máis e dicir cousas boas e positivas dos outros, polo que os que están de aniversario teñen un momento moi especial cando falan deles, e tamén cando lle preguntan os seus gustos para facerlle o debuxo do libriño.


Moitísimas felicidades a Santiago, Noa e Antía que xa teñen 5 anos!!!!!!!!!!!


Aniversario de Santiago

Aniversario de Noa

Aniversario de Antía


22.11.19

DEREITOS DA INFANCIA ( 6º EI)


O mércores 20 de novembro, celebramos o Día Internacional dos Dereitos na Infancia, e posto que estamos traballando tema dos Hospitales e o corpo, na clase profundizamos no Dereito a recibir axuda cando estamos enfermos.Este trimestre a PDI está dirixida á comunicación, así que representamos o dereito utilizando pictogramas!!



FOTOS DEREITOS NA INFANCIA

MANDALA DE OUTONO (3/4 anos)

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos estiveron realizando diversos mandalas de outono quedando tan bonitos como podedes ver nas fotos.






21.11.19

PROXECTO O CORPO HUMANO( 6ºEI)


No proxecto que levamos a cabo e a grazas ás aportacións das familias, estamos descubrindo un montón de cousas, entre elas que temos 5 sentidos, que utilizamos para descubrir o mundo que nos rodea.



ESTA CANCIÓN ENCÁNTANOS!!!






O noso recuncho do corpo está cheíño de materiais moi interesantes, os peques están moi motivados, polo que agora estamos formando un pequeno hospital en clase algo que saíu deles a partir dunha boneca descosida, ademáis de ter una sala de radiografías coa mesa de luz.

Recuncho do corpo


HOSPITAL


Toda esta temática , e o feito de profundizar nos sentidos, levou a analizar que pasa coas persoas con problemas para comunicarse, con dificultades visuais ou auditivas. Polo de agora sabemos que se poden comunicar por xestos, por linguaxe de signos e por pictogramas ( nesto último estamos profundizando). Fixemos una ruta polo cole e descubrimos que había un montón de pictogramas!!! o que deu lugar a que quixeran marcar o hospital da clase cun picto!!!!


PICTOS


Tamén Dania e a súa familia ensinounos una canción que nos encanta!!!


18.11.19

PROXECTO: O NOSO CORPO ( 6ºEI)

Continuando o noso proxecto, visitamos o laboratorio de ciencias, alí atopamos un oído coa parte externa e interna, e levámolo para a clase, e tamén un esqueleto grande, así que miramos, tocamos, e intentamos contar cantos ósos temos.


 Laboratorio de Ciencias


Como contar tantos ósos foi moi complicado, visitamos a biblioteca  para buscar información sobre a cantidade de ósos, e de paso ver cal era o máis longo, xa que grazas ás aportacións de Juan Luis, sabemos que o máis pequeno é o estribo que está no oído.


Biblioteca


Tamén no Leolab, intentamos facer esqueletos coas pezas de Kappla.



LEOLAB


Descubrimos a importancia do noso corpo a través de dous vídeos:









 QUE FARIAMOS SEN COLUMNA VERTEBRAL!!!

XOGOS MATEMÁTICOS ( 6ºEI)

A pasada semana introducimos nas rutinas da mañá un novo xogo de lóxica, unha táboa de dobre entrada na que teñen que colocar os carteis no lugar correspondente atendendo a dous criterios.





                                                              











Tamén continuamos utilizando as rectas numéricas para facer xogos de sumas, xa que en infantil non se trata facer sumas como operación matemática se non que traballamos a suma como concepto, agregar, quitar, contar, a variación da cantidade...


15.11.19

MAL TEMPO

Debido o mal tempo estes días non poidemos saír o patio pero o vento, a choiva, o frío... non foi impedimento para que desfrutáramos do noso momento de lecer, así que fixemos unha gran sesión de psicomotricidade, podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: patio.


INICIAL DO NOME

O pasado martes os nenos/as de 4 anos estiveron axudando aos máis pequenos a facer a inicial do seu nome, para elo usamos a area creativa do Leolab.





7.11.19

COCIÑANDO TAMARILLOS ( 6º EI)

A pasada semana, Noa trouxo a clase, para o recuncho da natureza unhas froitas chamada TAMARILLOS, tamén coñecida co nome de tomate de árbore.
Hoxe decidimos ir á cociña a facer marmelada deTamarillos, e ademais de cociñar fixemos un vídeo titorial sobre a súa elaboración.

FOTOS COCIÑANDO


NOVO PROXECTO: O CORPO HUMANO ( 6º EI)

Esta semana, tras volver de clase de inglés, atopámonos cunhas cousas moi extrañas enriba da mesa de luz. Tras miralas, decatámonos de que eran ósos da espalda, e que esas cousas eran radiografías, que xa sabemos grazas a un libro que trouxo Valentina hai unhas semanas, que temos radiografías por que Marie Curie descubriu o Radio. Isto plantexou a dúbida de cantos ósos temos no corpo, así que fixemos estimacións, e como as cantidades eran moi dispares, decidimos investigar este asunto!!

            





                    

5.11.19

Esto é o que somos

No curso pasado inauguramos as nosas novas instalacións. Pasamos a formar parte dos centro piloto nos que a Consellería explora a evolución do modelo de biblioteca escolar acorde coas necesidades do alumnado actual e coas tendencias en materia bibliotecaria e educativa. estamos moi orgullosos da nosa traxectoria de excelencia educativa. Hoxe os centros LIA2 son 20. Cando nos seleccionaron a nós eramos 12 de toda Galicia (de Infantil a Bacherelato) Así que: 
podedes presumir de cole!

4.11.19

LECTURAS TERRORÍFICAS: O LOBO LOBER (6ºEI)

TRUCO OU TRATO ( 6º EI)

O mércores o ciclo de infantil e o 1º ciclo de primaria realizamos o Truco ou Trato. Así que despois das lecturas terroríficas, moi caladiños, chamamos á porta de 1º de Primaria, cantamos a canción do Lobo lober e recibimos uns agasallos terroríficos e personalizados: cabazas e bruxas!!

Máis tarde, sen previo aviso, chegaron a clase o alumnado de 4º e 5º de infantil, déronnos un susto grande e a cambio entregamos as nosas obras realizadas na biblioteca creativa.





TRUCO OU TRATO

29.10.19

1º GRUPO LABORATORIO DE IMAXE ( INFANTIL E 1º CICLO PRIMARIA)

Xa finalizamos as tarefas co primeiro grupo de infantil e 1º ciclo de primaria, e foi unha experiencia moi divertida e dinámica , aprendendo en colaboración cos compañeiros/as para chegar a un fin común.
As actividades realizadas xiraron ó redor dun tema concreto: O rescate da Serea Leo, un xogo de pistas ou escapismo. A dinámica nas sesións foi a seguinte:

- 1º sesión: temos que rescatar a Leo, pero primeiro manipulamos candados de chaves e de números, lanternas de luz UV,  utilizamos a mesa de luz,  e utilizamos a Tablet para atopar imaxes de Realidade Aumentada agochadas na clase, non sen antes identificar o icono da aplicación.

- 2º sesión: visualizamos a mensaxe que deixa a Serea Leo e os piratas malvados. Dividimos a clase en dous grupos mixtos, uns fan o xogo con Ana nunha clase do 2º andar e outros fanno comigo, Marta, na aula de apoio de infantil; xa que para facer un xogo de este tipo é necesario grupos pequenos. Fixemos o xogo, todos atopamos á Serea Leo, e intercambiamos opinións sobre a experiencia.




fotos


- 3º sesión: facemos unha asemblea sobre o que máis lles gustou, se cambiarían algo... despois fixemos un traballo de mesa no que tiñan que debuxar e escribir o que máis lles gustou e os materiais/elementos utilizados( candados, lanternas, chaves, caixas, mesa de luz...) Mentres uns traballaban ( os maiores axudaron ós máis pequenos), gravamos no chroma as nosas opinións.



ARTE TERRORÍFICA( 6º EI)

Esta semana estamos celebrando o Samaín, así que entre outras cousas, fixemos grafismo terrorífico. Decoramos un morcego, recortámolo, pegámolo nunha cartolina negra, e debuxamos repetidamente a súa silueta con tizas de cores molladas en auga. Crearon obras moi chulas!!








Posto que mañá, o ciclo de infantil e 1º ciclo de primaria, faremos a actividade Truco ou Trato, hoxe tivemos que facer un agasallo para o grupo que veña a visitarnos. Así que cando chegamos ó Leolab, atopamos unha mesa grande chea de materiais: paíños, teas, cartolinas, tesoiras de distintos tipos, goma eva, rolos de papel, papel de baño... e baixo a temática do medo, crearon agasallos terroríficos: vampiros, arañas, tumbas, momias, cabazas... e remataron explicando ós compis o seu traballo.
Pasáronno xenial desplegando toda a súa imaxinación e creatividade,


FOTOS: LEOLAB CREATIVO

É moi importante que ó longo da xornada haxa pequenos momentos de actividade, xa que os peques precisan moverse libremente e de forma case continua, así que aproveitando a temática do Samaín, tivemos dous momentos de baile na xornada de hoxe.

VÍDEOS: BAILAMOS DE MEDO


BICOS DE MÚSICA - Lecturas Terroríficas (4º/5º E.I.)

samain2019_bicosdemusica from bemilladoiro on Vimeo.

28.10.19

MAGOSTO 2019


O pasado venres celebramos todos xuntos o Magosto no centro. Mentras preparaban as castañas, vimos unha pelicula na biblioteca e cando xa estiveron listas baixamos a desgustas as deliciosas castañas o patio xunto cos compañeiros de primaria. Para ver todas as fotos podedes premer no seguinte enlace: Magosto.

27.10.19

BÚSQUEDA DO TESOURO EN BUÑO

O martes o ciclo de infantil e 1º ciclo de primaria fixemos unha actividade colaborativa na natureza, visitamos o parque de Buño onde hai grande cantidade de espazo natural.

Ó chegar explicamos o xogo: buscar na contorna unha serie de cousas (dúas follas distintas, sementes, paos, cousas ruidosas, suaves, rugosas, brandas, duras...) despois fixemos seis grupos mixtos, e cada grupo tiña a lista dos elementos para atopar, un rotulador para anotar, unha lupa, unha caixa con visor, unha bolsa e unha lanterna de luz UV.
 Tras facer o xogo, merendamos e rematamos a xornada xogando no parque. Pasámolo xenial e ademais utilizaremos os elementos naturais para facer un mural do outono e actividades artísticas nas aulas.



BÚSQUEDA DO TESOURO EN BUÑO

RADIO/COCIÑA (6ºEI)

O xoves  dividimos a clase en dous grupos, uns foron con Marta á Radio Balea, e outros con Sandra e Jonathan á cociña.
Na radio fixemos un pequeno podcast , en breves dispoñible, onde falamos sobre o Samaín e o medo, e na cociña dous bizcoitos de castañas. Todos os nenos fixeron ambas actividades e pasáronno en grande, cada vez son máis autónomos e comprenden mellor o funcionamento da radio.


COCIÑA

RADIO BALEA

24.10.19

ANIVERSARIO DE BREIXO ( 6ºEI)

A inicios de mes, Breixo cumpliu 5 anos!!!!!! Noelia, a súa nai, visitounos cargada de agasallos: trouxo dous libros de Pete el gato, que ademáis contou de forma que todos estaban súper atentos, tamén temperas con purpurina e unha pulseira co nome de cada un. Breixo a cambio levou un libro con debuxos dos seus compañeiros, e fixemos o cartel coas súas cualidades e características. Moitas felicidades Breixo!!


FOTOS ANIVERSARIO

1º GRUPO LABORATORIO PEQUECIENCIAS

Pasou o primeiro grupo de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria polo Laboratorio de Pequeciencias e aquí tedes un pequeno vídeo resumo onde recolle as diferentes actividades que realizamos. Comenzamos identificando os elementos cos que íbamos traballar, realizamos mesturas con auga para distinguir as mesturas homoxéneas e hetereoxéneas e experimentamos libremente (a parte que máis lle gustou). A seguinte sesión estivo adicada a realización de experimentos baseados nas mesturas, as reaccións químicas e os cambios da materia e, por último, fixemos un repaso de todo o aprendido e probamos as piruletas de azucre que se cristalizaran dende a primeira sesión.

21.10.19

LEOLAB 3/4 ANOS



Os nenos e nenas de 3 e 4 anos tiveron hoxe unha sesión de Leolab onde compartiron xogos por grupos tan diferentes e imaxinativos como os lego, os strawebees, o mecano, as caixa de kapla, bunchers e os gears. Podedes ver mais fotos premendo no seguinte enlace: leolab.

20.10.19

ESMALTE DE UNLLAS ( 6ºEI)

Os lobishomes teñen unhas garras moi grandes, así que decidimos pintarlle as unllas. Unha actividade sinxela, que lles encantou!!!!

PINTAMOS AS GARRAS

SALTAMOS ( 6ºEI)

No corredor diante da nosa clase , temos un camiño con pisadas co que xogamos para traballar a lateralidade, deben colocar os pés de forma correcta, así que, ó principio, resultaba difícil, pero agora xa o teñen dominado, ademais cando rematan unha tarefa, e antes de pasar á seguinte, saen a saltar de forma que lles axuda a concentrarse e liberar un pouco de enerxía.



Lateralidade

LÓXICA-MATEMÁTICA NA ASEMBLEA (6ºEI)

Despois de facer as rutinas na asemblea, facemos xogos matemáticos.
Iniciámonos no uso da recta numérica para traballar o concepto de suma,marcando o número de nenos e nenas que hai cada día na clase, escollendo dúas pelotas con números para sumalos, e facemos bolitas de plastilina para contar coa recta numérica.

fotos


Tamén facemos series con paos e pedriñas do noso recuncho matemático:  series

17.10.19

RELAXACIÓN EN 5 ANOS



Na nosa clase de Educación Emocional sempre comenzamos relaxándonos e seguidamente facemos unha pequena sesión de yoga, nesta ocasión sobre as posturas dos animais do mar. Deixo o enlace do vídeo por se queredes practicar estas relaxantes posturas na casa.

16.10.19

LECTURAS NA BIBLIOTECA


O martes pasado Moisés e Pablo de 4º E.P. léronlle os máis pequenos "Con tango son tres", un libro precioso que tivo do máis atentos a todos.

MONSTROS (4º/5º E.I.)

Seguimos coa aventura monstruosa na clase de 3 e 4 anos e nesta ocasión fixeron uns maravillosos monstros con palliñas, ollos e tapóns. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: monstros.


14.10.19

XOGOS LÓXICA-MATEMÁTICA II (4º/5º E.I.)


Seguimos coas actividades de lóxica-matemática na clase de 3 e 4 anos, nesta ocasión estiveron compoñendo monstros libremente e despois coas directrices do dado, tantos brazos, ollos, pernas... como o dado nos mandaba. Ao mesmo tempo realizaban a actividade das pedriñas, debían colocalas sen coincidir dúas cores iguais. Para ver máis fotos premer no seguinte enlace: lóxico-matemática.

8.10.19

ESCORNABOT (4º/5º E.I.)

Hoxe os nenos de 3 anos e os novos de 4 anos coñeceron o funcionamento dos escornabots, gustáronlles moito porque tiñan que escoller un dos seus compañeiros/as e levar o escornabot ata a súa foto.






4.10.19

OS DENTES ( 6º EI)

Esta semana descubrimos que a Juan Luis faltábanlle 2 dentes!!

Falamos sobre por que os dentes de leite caen: por comer moitas chuches, para que veña a fada dos dentes, para que o rato Pérez traia agasallos...

Así que decidimos investigar este asunto: na biblioteca atopamos libros sobre o corpo humano, e descubrimos que os dentes definitivos están debaixo dos de leite e os empuxan. Tamén que temos 20 dentes de leite por que a nosa boca é pequena, pero cando medramos xa temos 28 pezas definitivas.





Tamén vimos un capítulo de Peppa Pig sobre este tema:


ANIVERSARIO DE GABRIEL ( 6º EI)



Onte foi o aniversario de Gabriel que xa cumpliu 5 anos!!

Na asemblea felicitámolo e describimos como é, despois escribimos as súas característica nunha folla rosa , onde el se debuxou e xa está na parede dos aniversarios!

O resto dos compañeiros fixeron un debuxo para facer o libro conxunto que Gabriel levou para casa como agasallo!!

O importante dos aniversarios é recibir o cariño e bos desexos dos demais.




Fotos aniversario

LOBISHOME ( 6º EI)

O noso recuncho xa está collendo forma, é unha temática que lles encanta!!! 





No Leolab fixeron Lobishomes utilizando os tangram e apoiandose en plantillas.

Losihomes leolab

Con plastilina fixemos lobishomes e temos unha pequena exposición na entrada de clase:

fotos lobishome de plastilina


Breixo e Leo trouxeron o mesmo conto, que está superchulo!!



Visualizamos un capítulo de Doraemon:



Aprendemos a canción do Lobo lober:


26.9.19

LOBISOME ( 6º EI)

Esta semana descubrimos grazas a un libro de seres mitolóxicos e dunha reportaxe do periódico do martes que os lobisomes...NON EXISTEN!!!
Seguiremos investigando sobre a súa historia!