A pasada semana fomos á cociña, onde realizamos uns ricos polos de laranxa.
Dividimos a clase en dous grandes grupos , que tiveron que utilizar os exprimidores eléctricos para facer zume de laranxa. Despois desta sesión, e de meter as poleras no conxelador que estaba moi frío, probamos un sorbiño de zume de laranxa, e a pesar de estar bastante doce, a algúns nenos e nenas non lles gustou moito.
A actividade foi moi divertida e pasáronno pipa pero... HOXE, por fin, puideron probar os xeados, e estaban boísimos!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario