Esta semana fixemos a cápsula do tempo, onde cada neno e nena introduciu un pequeno paquete que contén: unha carta escrita pola súa familia, un pequeno obxecto importante para eles ou fotos dos mesmos, unha foto grupal e o seu primeiro debuxo na escola.
A maiores incorporamos un pequeno mural que representa o que queremos ser de maiores.
O último día de escola , cando vaian en 6º de primaria, abrirán a caixa se verán todo o que meteron dentro.
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POR PARTICIPAR!!!
Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: cápsula do tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario