3.6.21

Laboratorio de ideas: Construcións ecolóxicas ( 4º EI)

 

No mes de maio o Equipo Creativo, dentro do Laboratorio de ideas, promoveu a fabricación, con materiais de refugallo, dunha manualidade en forma de maqueta/construción que gardara relación cos ODS da Axenda 2030 que se estiveran traballando dentro da programación de aula.

 O 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente, polo que con esta proposta pecharemos o trimestre con construcións ecolóxicas, empregando as 3R (Reducir,Reutilizar e Reciclar), que conformarán a exposición final do PDI:

“Construíndo un mundo mellor!”.



Como na nosa aula estivemos realizando un Proxecto sobre O Bosque, realizamos unha maqueta recreando un bosque con material de refugallo, tarefa na que tiveron un papel especial as nosas familias, que contribuiron moitísimo realizando cos peques na casa un montón de orixinais manualidades.  Dende o cole realizamos árbores con corchos e co papel reciclado que fixeramos semanas atrás.










1 comentario:

  1. QUE OBRAS DE ARTE FIXERON TODOS! ENCÁNTANME CADA UNHA DELAS. SEGUIDE FACENDO MOITAS MOITAS COUSAS COMA ESTAS. NÓS PASÁMOLO MOI BEN PINTANDO CORCHOS E TAPÓS. RÍMONOS MOITO PORQUE ATA A AVOA DE LAIA COLABOROU PINTANDO CON ELA. DISFRUTAMOS MOITO DO TEMPO XUNTOS. SODES TODOS UNS ARTISTAS!!!! Ana.

    ResponderEliminar