10.6.18

EXPLORANDO RECURSOS ( 4º EI )

Levamos un par de semanas descubrindo novos recursos ( que formarán parte do makerspace da biblioteca escolar) e aproveitando os coñecidos para afianzar coñecementos.

Pantalla táctil de clase: Reforzamos as series sinxelas, esta vez facendo raia -punto-raia, que utilizamos para decorar una estrela de mar , que despois utilizamos para facer un colar insertándoa xunto con macarróns. A pantalla tamén a utilizamos para traballar conceptos básicos a través do xogo LA ABEJA BUBA, recurso que lles encanta.

Lámpara de luz negra: utilizámola na nosa actuación do Samaín, pero casi non se acordaban, así que  fixemos unha actividade máxica, na que descubrimos como a lámpara de luz negra facía brilar os nosos dentes e ollos e a roupa branca. Utilizámola para facer debuxos na escuridade con rotuladores fluorescentes.

Mesa interactiva: é multitáctil , así que podíamos participar varias persoas ó mesmo tempo.  Xogamos a facer puzles do abecedario, xogos musicais artísticos , e aplicación de xogos lóxicos ( buscar unha cor e unha forma determinada).

Para ver as imaxes premer nos enlaces:


https://photos.app.goo.gl/CbBYcaRvyzgAnRqp7

https://photos.app.goo.gl/fnbavBMyXQnMpx6fA

No hay comentarios:

Publicar un comentario