26.6.18

Aniversario de Marcelo ( 4º EI )

Na última semana de cole antes das vacacións de verán, celebramos o aniversario de Marcelo, que cumpliu 4 anos!!!!!!

A semana anterior foi o protagonista, descubrimos moitas cousas sobre el, e agora xa rematamos o libro con algúns datos dos nosos protagonistas: a cor favorita, o que máis lle gusta do mundo, o que non lle gusta nada, a que lle ten medo, que quere ser de maior...
Tamén recibimos a visita de mamá e papá, que nos contaron a historia de Marcelo, e agora xa entendemos por que quere ter un tractor azul. Fixemos a receita para festexar o seu aniversario, Tortitas de Calabacín, que estaban moi ricas, e a pesar de que a maioría pensaba que non lles gustaría, repetiron !!!!!
 Marcelo decorou a súa coroa, regalámoslle os bicos e apretas que tanto lle gustan, e rematamos bailando a pesar de non ter o vídeo. Moitas felicidades Marcelo!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario