10.6.18

EXCURSIÓN FIN DE CURSO: POBO AVENTURA ( INCLUÍDO 4ºEI)

POR ALGÚN ERRO, NAS FOTOS O ALUMNADO DE 4º EI NON APARECÍA, ARRANXADO O PROBLEMA, ACTUALIZAMOS A ENTRADA.


O martes 29, todo o ciclo de infantil realizamos a excursión de fin de curso. Comezamos a xornada indo ó baño, facendo as parellas en cada clase e subindo ó autobús. Por fin chegamos a Pobo Aventura, coñecimos ós monitores Belén, María, Sergio... que fixeron tres grupos pola idade, e asinaron a cada un deles unha cor e unha pulsera, o equipo amarelo 4º EI, o equipo azul 5º EI  e o equipo vermello 6º EI. Fixemos unha parada para tomar a merenda e ir ó baño, e comezamos!!! 


Fixemos tres obradoiros, dous pola mañá e outro despois de comer: un obradoiro era de xogos tradicionais utilizando elementos naturais e reciclados: bolos, encestar con aros e cordas, chapas... outro era un roteiro polo bosque onde, seguindo o merlo Rieiro, observaron e escoitaron paxáros, fixeron un niño, xogaron a pescar... e un obradoiro de telleiros, no que primeiro cun trozo de barro fixeron unhas tellas, e remataron pintando unha tella que nos regalaron para levar á casa. Tras despedirnos, rematamos unha grande xornada montando no autobús de volta, momento no que moitos cativos aproveitaron para botar unha siesta!!!! Pasámolo xenial!!!!!

Para ver as imaxes premer no enlace:


https://photos.app.goo.gl/VffG2yQLVCabscRu1

No hay comentarios:

Publicar un comentario