20.12.22

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE UXÍA ( 6º EI)

Este curso, para a celebración dos aniversarios, e dentro do Proxecto Educa-tribo, convidamos ás familias ó cole a ler a súa historia do libro viaxeiro para toda a clase.

O libro viaxeiro marchou a casa de Uxía, que estivo de volta onte, pero aínda non é o seu aniversario, así que ata o próximo setembro non terá 6 anos!!

Verónica, a súa mamá, e Uxía nos contaron a historia da súa vida, na que vimos que Uxía é unha amante dos animais e fai un montón de actividades divertidas: natación, montar a cabalo, patinaxe...





Cando estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas.









Ademais da visita de Verónica, entre todos, describimos as calidades da protagonista relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.








MOITÍSIMAS FELICIDADES ADIANTADAS UXÍA!!!!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario