4.12.22

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE MAYRA ( 6º EI)

Este curso, para a celebración dos aniversarios, e dentro do Proxecto Educa-tribo, convidamos ás familias ó cole a ler a súa historia do libro viaxeiro para toda a clase.

O libro viaxeiro marchou a casa de Mayra, que estivo de volta o xoves que foi o seu aniversario. XA TEN 5 ANOS!!!

Eva, a súa mamá, e Mayra nos contaron a historia da súa vida e da súa familia, do que máis lle gusta facer e cousas moi divertidas que nos faceron rir.









Cando estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas.









O día da celebración do aniversario, entre todos, describimos as calidades da protagonista relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.











MOITÍSIMAS FELICIDADES MAYRA E GRAZAS A EVA POR VIR!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario