21.9.22

Proxecto " As formigas" :En busca de Formigas ( 6º EI)

 Un dos medios que os peques dixeron para conseguir información sobre as formigas era facer experimentos e observalas.  

Así que hoxe, aproveitando o bo tempo, baixamos ó patio para coller algunhas formigas e poder observalas e aprender sobre o seu comportamento. Como non sabiamos se habería moitas, un compi propuxo baixar azucre para atraelas e poder collelas  e como nos pareceu que tiña moito sentido baixamos ó patio cargados con azucre, caixas con visores e lupas. 

Tras determinar unha zona de busca comezamos a nosa aventura, collendo as formigas que atopábamos e meténdoas dentro das caixas con visor. Tras ter unha mostra suficiente e botar azucre por varios sitios, decidimos introducir nas caixas máis azucre e observar.

As nosas conclusións foron que movían as antenas todo o tempo e que non estaban felices xa que querían escapar todo o rato, por iso non collían o azucre, posto que ademais as caixas eran algo pequenas e , ó mellor, necesitaban máis aire. 

Tras esta experiencia decidimos devolvelas a súa casiña!!!


Premer na imaxe para acceder á galería 







No hay comentarios:

Publicar un comentario