18.9.22

INVESTIGANDO FORMIGAS( 6º EI)

 Uxía, polo seu aniversario, trouxo un formigueiro para clase. Isto provocou unha grande motivación por coñecer e investigar as formigas. 


Premer na imaxe para acceder á galería

Tras falar delas pensamos... Que queremos saber? 

Algunhas das respostas foron como ulen e por onde, como beben e comen, como se quentan se non teñen caldeira, como entran nas casas cando está todo pechado, que é a bola grande que teñen no corpo, por que teñen tantas patas...

Pero para poder investigar temos que saber onde encontrar a información, e os resultados foron : observalas no formigueiro e no seu medio, buscar nos libros, realizar experimentos con elas, buscar por internet e preguntar a expertos en formigas.

Así que o venres buscamos formigas polo patio intentando sen éxito descubrir o seu formigueiro e fomos á biblioteca, onde tivemos que descubrir , lendo a CDU, en que parte están aloxados os libros sobre animais. Tras ver e ler moitos libros, levamos para clase aqueles nos que atopamos algunha formiga ou información sobre elas. 


Para a semana comezaremos un miniproxecto sobre elas!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario