Na aula de pequeciencias, creamos recunchos de xogo coa temática do medo e do misterio:
- Mesa de luz: onde tiñan que colocar un número determinado de arañas nas súas teas e escoller entre múltiples caras para poñerlle a unha cabaza.
- Recuncho robótico: tiñan que escoller unha letra de entre todas as que estaban nunha cesta, buscar o debuxo terrorífico que empezara por esa letra e levar ó noso robot Doc á imaxe.
- Lecturas terroríficas: dentro do tipi do circo tiñan unha selección de contos de medo para ler con lanternas.
- Mesa sensorial: con pinzas quitaron a arañas, escorpións e cucharachas enredados en moitas texturas : teas de araña, area, bolas de cores de porexpán, lapas...
- Costura: coseron con fío morcegos, cabazas e momias.
- Plastilina con realidade aumentada: utilizando a app Play - doh Touch deron vida á plastilina con moldes terroríficos.
- Pócemas: crearon pócemas con xelatina de fresa e unha golosina de araña. Os máis peques meteron a man nunha bolsiña para atopar a chuche.
Utilizando a aplicación Quiver, cada un debuxou o seu medo e puideron velo en realidade aumentada .
No hay comentarios:
Publicar un comentario