O venres puidemos celebrar o magosto realizando xogos e comendo castañas!!
Comezamos a xornada subindo á aula e explicando en que consistía a celebración, como nos organizamos, normas...
Despois baixamos ó patio para xogar a xogos populares pero con castañas, e para iso dividimos a clase en dous grupos e cada un colocouse na zona asinada para cada un.
Xogamos á mariola, a construcións con carolos, a relevos con castañas de cores e aros, xogos de corro, a encestar a castaña, a memory de samaín e magosto... Pasámolo en grande!!!
Ó rematar os xogos, mentres os maiores de 6º EI, 1º e 2º EP merendaban no patio cuberto, xogamos libremente nas pistas, para merendar máis tarde na clase unhas ricas castañas e ver debuxos e cancións de medo.
Rematamos a xornada xogando por recunchos e levando a casa as pócemas realizadas na xornada de Samaín do mércores!!!!
Para ver as fotos da aula de 5º E.I. premer no seguinte enlace: 4 anos e para ver as fotos de 4º E.I. premer no seguinte enlace: 3 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario