7.10.21

O NOME DA NOSA CLASE ( 5º EI)

 A pasada semana decidimos poñer un nome para a nosa clase, xa que non podemos ser a clase de Marta ou Sandra porque a clase somos tod@s, tampouco a clase de 4 anos, pois algúns peques aínda non os cumpliron e en breves comezarán a cumprir 5 anos, e a clase de 5º de Infantil non nos gusta moito.

Así que pensamos como nos poderiamos chamar, polo que cada un escribiu nunha folla a súa proposta para evitar que se "copien"as ideas, por tanto tivemos moitísimas propostas:

Clase dos unicornios, tractores, patinadoras, globos, troncos, pantasma, arco da vella, o vento, Marisa, Evaristo, galiñas, xirafas, corazóns, pulpos, muñequitos, barcos... 

Comezamos as votacións, e eliminamos aquelas propostas que non tiveron ningún apoio, despois votamos de novo varias veces descartando as menos apoiadas, e determinamos que somos ...


A CLASE DOS VEHÍCULOS!!!!


Así que facemos unha asemblea para determinar que queremos saber. Como de momento é un tema bastante amplo, as ideas van xurdindo pouco a pouco.



De momento xa decidimos realizar un cartel para poñer na entrada da aula, para que toda a Comunidade saiba quen somos.




Durante esta semana lemos na aula o conto: El lobo que no quería andar más.




A través deste conto, e polas novas rutinas da asemblea, estamos introducindo os meses do ano. Así que utilizando os vehículos que coloreamos para o cartel da clase, fixemos un xogo para asociar os distintos vehículos que empregou o lobo co seu mes do ano.





Nunha das escenas do conto, o lobo utiliza os esquís, así que nós tamén quixemos esquiar. Baixamos á aula de psicomotricidade e realizamos un xogo de relevos no que tiñan que esquiar utilizando os ladrillos de construción.











No hay comentarios:

Publicar un comentario