No escape room realizado antes de marchar de vacacións, a Serea Leo deixounos de agasallo unhas sementes de flores para plantar.
Así que á volta se Semana Santa comezamos a pescudar sobre o que precisamos para plantar, pero non houbo demasiada investigación, pois a maioría sabía que precisamos sol, auga, regadeira, terra, macetas, pala... e por suposto SEMENTES.
Para realizar esta actividade dividimos a clase en dous grupos para ir á aula de pequeciencias, onde cada neno e nena escolleu que tipo de flor prefería plantar, colocou un algodón, a semente e regou ( desta forma podemos ver como xermina). Nesta aula hai moita luz e calor, polo que, cando comece a brotar a semente a pasaremos a unha maceta. Xerminarán as sementes de flores en algodón? Estaremos moi atentos.
Tamén lemos o conto El huerto de Simón, así que pareceunos moi boa idea, ademais de sementar flores, plantar alguns froitos e verduras, polo que teremos primeiro que saber que diferencia hai entre ambos. Para iso aprenderemos a seguinte canción:
No hay comentarios:
Publicar un comentario