26.4.21

Laboratorio de Imaxe: Día do Libro, Leo le, nós lemos...? ( 4ºEI)

Neste mes de abril , o Equipo de imaxe, tendo en conta que o día 23 de abril é o Día do Libro, propuxo realizar un cartel para xogar a adiviñar un conto a través de imaxes realizadas cos distintos recursos maker dos que dispoñemos no cole. No cartel temos que adiviñar de que conto se trata pero para comprobar se acertamos ou non, hai que escanear un código Qr ( creado polo alumnado) que nos leva ó booktuber que fala do mesmo.


Na nosa aula escollemos o conto dos 3 porquiños, polo que recreamos no Chroma as tres casiñas dos porquiños con recursos do Leolab: a casita de palla realizámola coas palliñas de contrución, a casa de madeira co Kapla e a casita de ladrillos con bloques de cartón duro que xa parecen ladrillos. Podedes ver todas as fotos da elaboración no seguinte enlace: tres porquiños.



Xa que non están preparados para elaborar eles un código Qr que enlace ó seu propio vídeo de booktubers, no cartel vai un código que enlaza a un vídeo de booktubers conxunto, xa que en infantil únicamente traballamos cun conto.





O pasado venres, 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro facendo unha pegada de carteis polas rúas de Malpica e tamén contamos coa colaboración das familias para a distribución dos carteis. Podedes ver a fotos desta xornada no seguinte enlace: carteis. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario