Hoxe estivemos traballando a relaxación a través da postura de diferentes animais. O primeiro que fixemos foi adoptar a postura do ourizo cando se defende dun depredador e así estivemos escoitando un ratiño música clásica relaxante. Despois fixemos as posturas de varios animais a través do Ioga, tanto animais do bosque como animais acúaticos, premendo neles tedes o enlace aos vídeos de youtube por se queredes practicar na casa.
Finalmente estivemos traballando coa música de de Camille Saint- Säens, "El carnaval de los animales", como camiñan os diferentes animais: os cisnes, o canguro, os peixes... e, especialmente, as tartarugas que o fan moi despaciño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario