O luns desta semana, o noso amigo , o ourizo, desapereceu. Buscamos e buscamos, pero non aparecía, polo que comezamos a preguntarnos onde estaría, a maioría dixo que marchara de vacacións ou para a súa casiña.así que pensamos...Onde viven os ourizos?
Uns dicían que vivían no mar, na herba, no bosque, e tamén falamos sobre o que comen e como nacen: nacen das púas, de óvos, da barriga, comen galletas de chocolate, invernan, non se poden cazar, corren moi rápido...
Ante tantas ideas tan diferentes decidimos investigar, así que marchamos á biblioteca, onde atopamos varios libros nos que descubrimos que son vivíparos, nacen da barriga de mamá, comen insectos e viven no bosque.
INVESTIGAMOS na biblioteca
LÓXICA: Descubrimos un xogo no que tivemos que clasificar os mouchos pola cor, realizar series sinxelas e identificar os números e as cantidades.
LEOLAB: realizamos unha actividade creativa, na que cada un realizou a súa interpretación dun bosque.
Ademais vimos varios vídeos sobre ourizos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario