29.11.18

Aniversario de Noa ( 5º EI)

O domingo Noa cumpliu 4 anos!!! No cole celebrámolo cociñando  uns deliciosos fideos chinos con verduras. Lavamos os tomates e o calabacín, e despois cortámolos xunto coa cenoria e o pemento, cocimos os fideos chinos, xuntamos todo, engadimos unha pizca de sal, rehogamos cun pouquiño de aceite e... A COMER!!! ( Xa temos grandes expert@s na utilización dos palillos chinos)
 Despois de recoller a cociña, poñer o lavavaixelas, soplar as velas e cantarlle cumpleaños feliz, regalámoslle a Noa bicos e apretas e rematamos a xornada bailando.
 Moitas felicidades Noa!!!



Fotos aniversario de Noa

No hay comentarios:

Publicar un comentario