29.11.18

A GRAN MURALLA CHINA ( 5º EI )

Hai unhas semanas descubrimos a Gran Muralla China, sabiamos que era moi grande, tan grande que se ve dende o espazo ( temos pendente ir ó espazo para vela). Así que decidimos facer a nosa propia Muralla utilizando cartóns de leite, recollimos unha morea deles, así que esta semana comezamos a nosa construcción.

Para comezar metímolos nunha caixa moi grande, e por turnos, collimos catro cartóns para facer unha pequena muralla, coa problemática das contas: algúns collían de máis e outros de menos... cantos cartóns teño que quitar? cantos teño que poñer para ter catro?

Unha vez que todos tiñamos catro cartóns e a muralla feita, xuntámolas para facer unha xigante pero... Dímonos conta que non tiñamos suficientes cartóns de leite para facer a Gran Muralla por todo o pasillo, así que ó final fixémola con pequenos bloques de madeira da biblioteca escolar. Tiñamos que colocar 10 bloques e despois un cartón de leite como torreón, e así ata chegar ó final. Neste proceso tivemos o grupo de constructores, o persoal de limpeza e os xefes da construcción, comprobando a colocación e cantidade de bloques. Despois desta actividade, coa que estaban moi emocionados, decidimos recoller, xa que se deixabamos a nosa Muralla no pasillo, acabaría desmontada. Pero despois tivemos unha sesión de psicomotricidade con Manu, nesta sesión tiveron que facer outra Muralla China, primeiro tiñan que cruzala mantendo o equilibrio de un en un., despois cunha tea vermella, convertéronse nun... DRAGÓN CHINO!! Por grupos xogaron a cruzar a muralla e... Pasaronno xenial!!!!


Posto que seguiamos tendo cartóns de leite, decidimos reutilizalos , para o que fixemos unha actividade creativa de construcción e traballo en equipo. Creamos catro grupos, o grupo 1 formado por Dania, Breixo e Noa que decidiron facer un dragón chino, o grupo 2 composto por Santiago, Juan Luis, Antía e Saúl crearon tamén un dragón chino, o grupo 3 con Valentina, Anna, Gabriel e Marcelo fixeron a Gran Muralla China, e o grupo 4 formado por Leo, Benito e Clara construiron unha vaca.

Aínda que o traballo en equipo costa un pouquiño, e poñerse de acordo na toma de decisións tamén, foi unha actividade moi productiva e interesante, pero non está rematada, polo de agora están as bases, despois teremos que pintar e rematar as nosas obras de reciclaxe.



A GRAN MURALLA CHINA

No hay comentarios:

Publicar un comentario