12.4.18

Recuncho mariño: cangrexos ermitáns ( 4º EI)

Tras chamar por teléfono ó capitán de barcos ( avó de Breixo) e descubrir que as Caracolas non están baleiras, recibimos unha grande axuda por parte de Valentina. Compartiu connosco un libro e unha notiña da familia. Así descubrimos que en Malpica, as caracolas chámanse CARLOUS, e tamén que cando no mar unha cuncha de caracola está baleira, os cangreixos ermitáns utilízana meténdose dentro. Cando medran moito, buscan novas cunchas na que vivir!!!! O Cangreixo ermitán máis grande pode chegar a medir 40 cm!!!!





Vimos na clase este capítulo dos Octonautas que explica perfectamente como cambian de cuncha os cangrexos ermitáns!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario