13.4.18

ÁFRICA (6º E.I.)

Esta semana comezamos a descubrir diferentes países de África, xa que Leo tróuxonos distintos obxectos de Senegal, Mara unha rosa do deserto de Túnez e Lucas e Gonzalo varios libros sobre Exipto. O primeiro que fixemos foi levar o noso barco dende México ata África e, finalmente, intentar situar cada un dos países para quedarnos en Exipto que é o que lle imos dedicar un pouquiño máis de tempo a próxima semana.



Despois comenzamos descubrindo Túnez e un dos seus peculiares mercados, como son os das especias. Así que primeiro ulimos varias delas e seleccionamos cales eran as que mellor ulían e cales as que peor, pero non nos puxemos dacordo. Cada un pegou na súa ficha as que máis lle gustaran e quedounos unha ficha moi olorosa.
















E esta semana tamén descubrimos Senegal, comezamos cunhas actvidades de música que atopamos en internet onde traballamos distintos ritmos, bailes e instrumentos de África, podedes repetilos na casa premendo no seguinte enlace: Senegal. Despois aprendimos unha canción africana que requería moita coordinación e aínda que nos costou un pouquiño aquí tedes o resultado:

MVI_2769 from Sandra on Vimeo.

Ademais Leo mostrounos todas as cousas que tiña de Sengal, un cadro moi bonito, diferentes prendas de roupa co seu nome en senegalés, unha moeda do país... O que máis nos gustou foi un colar con moitas cores, así que quixemos facer o noso pintando macarróns de cores, quedounos moi bonito aínque que manchamos os dedos un pouco. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: ÁFRICA.




No hay comentarios:

Publicar un comentario