12.4.16

PLANTAMOS XIRASOLES ( 5º EI )


Comezamos o terceiro trimestre con moitas ganas de seguir co asunto de plantar. Antes de comezar, fixemos unha asemblea sobre que cousas poderiamos plantar, saíu de todo: leituga, cebola, maíz, patacas porque na miña casa acabáronse e papá ten que plantalas, moras, tomate, carne, fresas, guisantes, margaridas... podíamos dar a idea que quixeramos menos árbores, porque xa vimos, coa experiencia do mandarino, que é difícil plantar unha árbore e ver o crecemento. Varios días despois fixemos una selección, así que decidimos plantar leitugas, cebolas, fresas e margaridas, e pensamos que necesitan para medrar. Ademáis, propuxen facer, cada un de nos, unha planta propia que cando medre puideramos levar a casa, a idea encantoulles, e tiñamos que votar entre tomates e guisantes, xa que son os que mellor medran, e tras varios días, xa que faltaban nenos/as á escola e tiñan que dar o seu voto, gañaron os tomates 10 a 5 ( alguén votou dúas veces, que somos 14). Así pois plantaremos tamén guisantes pero para clase. O cadro desta semana é Los Girasoles de Van Gogh, así que hoxe comezamos a plantar unhas sementes sorpresa, Xirasoles!!!!!Seguimos as intruccións do kit de plantación, hidratamos a terra que viña deshidratada, miramos e tocamos as sementes de xirasol, escribimos o cartel co nome da planta, os días de rego ( luns e xoves) e a data de hoxe, e aproveitando a sesión, utilizamos o novo sustrato para intentar revivir á nosa planta que parecía unha palmera. Neste proceso atopamos na terra un verme, e descubrimos debaixo da terra como unha das sementes que meteramos na maceta da planta pareciada a unha palmera xerminou, aínda que temos que esperar por que non recordamos que semente das moitas que metimos na maceta era.
hipocampillo's PLANTAMOS GIRASOLES album on Photobucket

No hay comentarios:

Publicar un comentario