15.4.16

Plantamos margaridas!!! ( 5º EI)


Onte continuamos coa creación da horta, e tiñamos para plantar sementes de cebolas ou margaridas. Así que decidimos facer una votación para saber que plantaríamos, e gañaron as margaridas 8 a 6, así que as cebolas deixarémolas para a próxima semana. Como sempre, collemos e analizamos as cousas que precisamos para plantar, tocamos as sementes, son moi parecidas ás sementes da leituga!!!! Investigamos no ordenador cando e como temos que regalas, todos os días un pouco de auga sen exceso para non afogalas!!! Encántanos plantar!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario