13.4.16

Plantamos Leituga Batavia ( 5º EI )


Continuando coa creación dunha pequena horta na clase, hoxe plantamos leituga Batavia. Collimos todo o necesario: a terra de plantar, que xa sabemos que se chama sustrato, a pala, a botelliña de auga, o sobre de sementes e reciclamos o cartón dos óvos como maceta. Botamos o sustrato, as sementes ,que primeiro vimos e tocamos, un pouco máis de sustrato e por último a auga. Despois investigamos no ordenador canto e como debíamos regar a leituga, descubrimos que todos os días para que a terra esté húmida pero mediante goteo. Rematamos facendo o carteliño co nome do plantado, cando hai que regar e a data de hoxe para facer o seguimento do crecemento.
hipocampillo's PLANTAMOS LEITUGA BATAVIA album on Photobucket

COCIÑAMOS OSOS DE DINOSAURIOS (6º E.I.)


PALEONTÓLOGOS en 6º E.I.

Quen descubriu os dinosaurios? grazas os paleontólogos hoxe en día sabemos como son os dinosaurios, así que trouxemos area e atopamos diferentes partes dun dinosaurio o cal tivemos que reconstruir.


Ademais unha alumna deixounos ver detinadamente fósiles, así que comprobamos como se atopan estes nas pedras e como teñen que traballar os paleontólogos para que despois podamos disfrutar dos dinosaurios nos museos.


Finalmente cada un fixo o seu propio fósil, este é un resumo de toda a actividade:




PROXECTO DOS DINOSAURIOS (6º E.I.)


Tras o éxito que tiveron os dinosaurios durante o segundo trimestre co proxecto do museo, decidimos adicar un tempo a estudar os dinosaurios un pouquiño máis. Desta maneira comezamos preguntándonos que sabíamos sobre eles e que queríamos saber:


Estamos realizando distintas investigacións como por exemplo como naces, como extinguíronse, que comen... aumentando día a día o museo, que casi non nos colle na mesa.


Unha das primeiras actividades que realizamos foi a clasificación dos dinosaurios e para iso consultamos os libros que trouxeron os diferentes nenos e nenas a clase, este é un pequeno resumo:



12.4.16

PLANTAMOS XIRASOLES ( 5º EI )


Comezamos o terceiro trimestre con moitas ganas de seguir co asunto de plantar. Antes de comezar, fixemos unha asemblea sobre que cousas poderiamos plantar, saíu de todo: leituga, cebola, maíz, patacas porque na miña casa acabáronse e papá ten que plantalas, moras, tomate, carne, fresas, guisantes, margaridas... podíamos dar a idea que quixeramos menos árbores, porque xa vimos, coa experiencia do mandarino, que é difícil plantar unha árbore e ver o crecemento. Varios días despois fixemos una selección, así que decidimos plantar leitugas, cebolas, fresas e margaridas, e pensamos que necesitan para medrar. Ademáis, propuxen facer, cada un de nos, unha planta propia que cando medre puideramos levar a casa, a idea encantoulles, e tiñamos que votar entre tomates e guisantes, xa que son os que mellor medran, e tras varios días, xa que faltaban nenos/as á escola e tiñan que dar o seu voto, gañaron os tomates 10 a 5 ( alguén votou dúas veces, que somos 14). Así pois plantaremos tamén guisantes pero para clase. O cadro desta semana é Los Girasoles de Van Gogh, así que hoxe comezamos a plantar unhas sementes sorpresa, Xirasoles!!!!!Seguimos as intruccións do kit de plantación, hidratamos a terra que viña deshidratada, miramos e tocamos as sementes de xirasol, escribimos o cartel co nome da planta, os días de rego ( luns e xoves) e a data de hoxe, e aproveitando a sesión, utilizamos o novo sustrato para intentar revivir á nosa planta que parecía unha palmera. Neste proceso atopamos na terra un verme, e descubrimos debaixo da terra como unha das sementes que meteramos na maceta da planta pareciada a unha palmera xerminou, aínda que temos que esperar por que non recordamos que semente das moitas que metimos na maceta era.
hipocampillo's PLANTAMOS GIRASOLES album on Photobucket

VAN GOGH: A NOITE ESTRELADA ( 5º EI )


A semana pasada comezamos a traballar o Impresionismo a partir de Van Gogh. O cadro da semana foi A noite Estrelada, pintamos una réplica do mesmo, interpretamos una noite estrelada a partir de trazos curvos facendo nubes e estrelas con asteriscos, e vimos un capítulo de Little Einstein no que se traballa este cadro coa música de Beethoven, encantounos e aprendimos un montón!!!
hipocampillo's noite estrelada van gogh album on Photobucket

10.4.16

AS MENINAS ( 5º EI )


Antes de marchar de vacacións de Semana Santa, traballamos a Velázquez a partir dun dos seus cadros máis famosos, As meninas, utilizando as técnicas aprendidas ( picado, pegado, rasgado, ceras blandas, acuarela, plastilina...). Agora, á volta, rematouse o traballo pendente dun peque, e por fin xa temos as nosas 14 interpretacións do cadro no tendedeiro da clase.
hipocampillo's MENINAS album on Photobucket