Coa chegada da primavera e as vacacións da Semana Santa, esta semana a dedicamos a realizar diferentes actividades, relacionadas con estes temas, que tanto lle gustaron aos nenos e nenas de 4º de Educación Infantil (podedes ver todas as imaxes premendo no título das actividades):
- Piruletas de chocolate: o pasado martes acudimos a biblioteca a realizar piruletas de chocolate blanco e chocolate negro, cada neno elexiu cal quería, e despois de susperar numerosos problemas conseguimos facelas e tamén uns bombóns que desfrutamos ao día seguinte.
- A primavera de Vivaldi: seguindo co PDI que nos ocupa este ano, "Marabillarte", xuntamos dúas artes nunha actividade: a pintura e a música. Escoitando a música de Vivaldi tiñan que pintar as cousas que lle inspiraran da primavera dentro do seu aro. Despois quedáronnos uns cadros mois bonitos que levou cada un para a súa casa.
- Taller de flores: o xoves volvemos a cociña pero nesta ocasión a facer diferentes experimentos con flores e froitas, así fixemos transvases con fiuncho, mesturas de flores no mortero, pescamos limóns e laranxas, mesturas con condimentos, desconxeamos margaridas que previamente conxearamos...
- Aula sensorial: hoxe realizamos diferentes actividades relacionados cos sentidos, por unha banda acudimos a aula sensorial a facer figuras de flores na mesa de luz, ler contos da primavera na cabaña... e tamén ao patio a xogar coa luz da bolboreta que nos fixeron os maiores na clase de relixión.
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario