O CEIP Milladoiro incorporouse este presente curso ao programa de Educación Responsable da Xunta de Galicia e a Fundación Botín (https://www.educacionresponsable.org/). Está conformado por diferentes recursos educativos, entre eles "Lectura e emocións" que facilita a identificación e expresión emocional do alumnado de Educación Infantil a través da literatura. Durante este curso levaremos a cabo unha serie de actividades que forman parte deste recurso.
A primeira delas foi a presentación do Mago da palabra, este chegou nunha caixa-agasallo que traía unha marioneta do mago e unha carta, na cal presentábase e convidávaos a ver un vídeo.
Foi moi emocionante intentar adiviñar o que había dentro da caixa e despois interacturar co contacontos do vídeo que ademais pedíanos que lle buscáramos un nome ao mago, elexindo a maioría o nome de "Mago Rojo". Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: mago da palabra.

No hay comentarios:
Publicar un comentario