Retos pola Paz_2024-25 de bibliotecamilladoiro
Este ano a actividade polo Día da Paz, consistiu en enviarlle a outro cole un "Reto pola Paz" e o ciclo de Educación Infantil porpúsolle o reto anterior ao CEIP Luís Seoane de Oleiros (cole da nosa compañeira Marta). Tiñan que ler o conto "O ladrón de paraugas" e crear o seu propio paraugas que axudara a todos os nenos e nenas do mundo. Hoxe para conmemorar o día da non violencia e a paz realizamos unha videoconferencia co CEIP Luís Seoane para compartir os diferentes paraugas que creamos nos dous centros. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: reto pola paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario