O pasado xoves o alumnado de 3 e 4 anos acudiron a cociña a realizar un taller de flores, organizado pola profe en prácticas Lara. Desfrutaron cos trasvases, tenguindo a auga, colando as flores, dándolles diferentes olores...podedes ver todas as fotos premendo na seguinte imaxe.
10.4.25
Taller de flores
Ovos de pascua
Durante estes días o alumnado de Educación Infantil realizaron varias actividades en torno aos ovos de pascua, decorando ovos de madeira, realizando bombóns de chocolate con forma de ovo na aula de cociña, facendo unha búsqueda de ovos polo patio... podedes ver todas as fotos da xornada premendo na seguinte imaxe.
24.3.25
Excursión Acuario
13.3.25
Día da Muller: herdeiras das pandereteiras de Mens
Contacontos Charo Pita
O alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil recibiu a visita da contacontos Charo Pita que nesta ocasión visitounos para conmemorar o Día da Muller Traballadora. Contou historias de nenas valentes e independentes e enganchou aos alumnos e alumnos con todos e cada un dos seus persoaxes. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Charo Pita.
27.2.25
Aula sensorial - Entroido
Esta semana volvimos a aula sensorial para realizar actividades relacionadas co Entroido, como por exemplo:
- Pulseiras con luz ultravioleta.
- Minimundos e mandalas con elementos de entroido.
- Mesa de luz con caretas e paiasos.
- Elaboración de máscaras.
- Poñerlle as partes ao paiaso con ollos tapados.
- Buscar pedras preciosas no arroz e con lanternas.
E a nosa favorita foi disfrazarnos. Podedes ver todas as fotos de todos os cursos premendo no seguinte enlace: aula sensorial entroido.
30.1.25
Retos pola Paz
16.1.25
Educatribu: Horticultura
O pasado mércores todos os alumnados do centro tiveron un Educatribu de horticultura impartido por Belén, nai dos alumnos Pedro e Pablo. Previamente preparan o terreo co o alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria e onte os alumnos máis pequenos plantaron fresas, estamos desexando poder facer ricas receitas con elas. Moitas gracias a todas as familias participantes neste programa que nos axudan a enriquecer as prácticas diarias. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: horticultura.
.