24.5.22

MES DAS LETRAS: A nosa canción ( 5º EI)



Un día na clase, o encargado escolleu na hora da merenda unha canción que falaba sobre o noso idioma, o galego, e un neno da clase propuxo facer nós a nosa propia canción, idea que nos entusiasmou a tod@s.
Así que aproveitando o cadro que escollemos por votación na exposición fotografica para crear un verso, realizamos unha asemblea, na que cada neno e nena dixo o que veía no cadro. Con todas as opinións creamos unha nova letra para a música A raíz do Toxo verde de A Roda.

Aprendemos a canción, subimos á Radio Balea a cantar e a bailamos. 






DÍA DAS LETRAS GALEGAS de bibliotecamilladoiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario