21.1.19

Recuncho de China: Inventos Chinos ( 5º EI)

Hoxe pola mañá , ademais de cambiar as responsabilidades por ser luns, tivemos dúas grandes sorpresas. Por un lado Valentina trouxo un libro de Origami, a arte de facer figuras con papel, e Juan Luis unha cometa feita na casa.
Na hora do recreo baixamos a voar a cometa de Juan, pero todos os nenos e nenas querían facelo ó mesmo tempo, polo tanto, tendo en conta que a papiroflexia é un invento chino e a cometa tamén, faremos na clase un obradoiro de origami para que cada un teña a súa propia cometa de papel.

FOTOS: Origami e cometas

No hay comentarios:

Publicar un comentario