11.12.18

RECEITA DO NADAL ( 5º EI )

O sábado é o cumple de Anna e, como sempre, imos facer unha receita, pero tendo en conta que o Nadal está próximo, propúxenlle ós peques cociñar algo propio destas datas, polo tanto visitamos a cociña para revisar os libros de receitas e atopar algo do Nadal para cociñar na celebración do aniversario de Anna.

Antes de ir á cociña pensamos que cousas son típicas destas datas, e apuntámolas na pizarra. Na cociña atopamos cousas moi interesantes, entre elas, unha receita china, o Wan tun, pero entre tanto buscar descubrimos na cociña moldes de galletas e biscoitos con diversas formas: cabaliño de xoguete, galletas do nadal, bastóns, Papá Noel... os moldes gustáronnos tanto que fixemos unha votación entre o molde de biscoito de copo de neve ou a receita dunha árbore con lacasitos, o resultado foi aplastante 13:0, polo que faremos o biscoito con forma de copo.


Fotos da receita do Nadal

No hay comentarios:

Publicar un comentario