20.12.17

ACTIVIDADE MAKER (6º E.I.)

O pasado luns fixemos o noso primeiro contacto coas actividades maker, que é unha palabra que imos empezar a empregar moito en educación. Esta actividade consistiu en crear diferentes circuitos en grupo para despois poder facelos cos escornabots, para elo fixemos barreiras con pizas e palliñas, pontes con tubos do papel, puxemos animais polo menos... ao principio foi moi complicado pero pouco a pouco fumos aprendendo dos nosos erros e resultou unha experiencia moi enriquecedora. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: circuitos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario