14.2.17

O NARIZ DE TITO NA CAIXA DE LUZ (5º E.I.)

Para rematar con Tito e coas figuras xeométricas, o pasado venres estivemos experimentando como poden ser os obxectos según deixen pasar a luz ou non e para iso empregamos as figuras xeométricas coas que levamos traballando toda a semana. As luces proviñan dunha lanterna e tamén da "caixa de luz".
Descubrimos que hai obxectos OPACOS como as partes do corpo, o cartón groso... logo descubrimos que tamén outros obxectos deixan pasar a luz e, polo tanto, son TRANSLÚCIDOS como o plástico fino, o papel celofán de cores...
E, por último, atopamos obxectos que ademais de deixar pasar a luz tamén pódense ver a través deles, son TRANSPARENTES como o celofán sen cor, os vasos de cristal... podedes ver todas as fotos deste fabulosos experimente premendo no seguinte enlace: Figuras xeométricas na luz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario